Skip to content

ÁREA ARQUEOLÓXICA DA CAEIRA Traditional Cache

Hidden : 8/12/2011
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   regular (regular)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

A Área Arqueolóxica de A Caeira atópase ao norte do núcleo de San Salvador de Poio, concretamente na aba suroriental do Monte da Tomba, que nesta zona forma un pequeno macizo coñecido como Montecelo. A Caeira (ou Montecelo) reúne un excepcional conxunto de arte rupestre prehistórica integrado por máis de vinte petroglifos ou gravados rupestres feitos sobre a rocha. Son coñecidos xa desde inicios do século XX grazas ao labor do intelectual pontevedrés Ramón Sobrino Buhígas.

Dúas pedras de grandes dimensións, a Laxe das Lebres, con motivos de fauna, e a Pedra Grande de Montecelo, con motivos de temática xeométrica, desenvolven un papel principal e dan sentido á totalidade do conxunto.

O 18 de Xuño de 2009 foi inaugurado o "centro de interpretación arqueolóxico" este novedoso proxecto desenvolvido polo Concello de Poio. Trátase dun Centro de Interpretación Arqueolóxica situado na parroquia de San Salvador e que se converterá sen dúbida nun dos referentes da arte rupestre na provincia.
Situado xusto detrás do "Casal de Ferreirós" (de feito comparten entrada), este centro alberga un proxecto expositivo no que os visitantes poden observar e coñecer polo miúdo as características dos petroglifos existentes no municipio.

Ademais, inclúese unha réplica exacta do petroglifo Pozo Ventura, dunhas características excepcionais na arte rupestre desta zona da península, e que recorda máis ben a outras pezas achadas en Irlanda ou a rexión da Bretaña francesa.

O proxecto complétase coa proxección de dous audiovisuais didácticos e un xogo interactivo que sen dúbida atraerá sobre todo ao público infantil e xuvenil.

O Concello de Poio conta con gran número de restos prehistóricos distribuídos pola súa xeografía, pero principalmente localizados na zona de A Caeira-Boa Vista, contando tres deles coa protección específica de Monumento Nacional (Laxe do Xugo, Laxa das Lebres e Pedra Grande de Montecelo).

O CACHE.

En canto cheguemos o lugar indicado como aparcamento o primeiro que podemos apreciar son unhas preciosas vistas da cidade de Pontevedra, preferiblemente se o facemos o atardecer. O cache atopase a uns 150 m. do aparcamento, cerca da zona dos restos arqueolóxicos. O cache esta formado por un tupper rectangular de tamaño medio.
O seu contido inicial consta de: logbook, lápiz, sacapuntas e instruccións(non intercambiables).
Para intercambiar: pitufo, dado, molde para plastilina, pelota de goma e canica china.

Rogase ter coidado muggles, deixalo ben tapado.

Para quen non coñeza moito a zona aconsellase situarse na rotonda do puente da Barca e coller dirección a Caeira/ Boa Vista e subir hasta o alto da zona residencial.

Additional Hints (Decrypt)

(TNY)Khagb n ha ncbvb qb cnfrb, genf haun crqen. (PNFG)whagb n ha cvyne qry cnfrb, qrgenf qr han cvrqen.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)