GCHKPE ▼
Size:  (regular)
Related Web Page
AVISO: Estamos traballando na nova redacción e traducción desta ficha.
Descripción
As Pozas de Riocaldo (o nome correcto é Pozas da Fecha) son unha serie de cascadas que forma o río Fecha na Localidade de Riocaldo (Lobios) baixando dende o alto da montaña.
Na parte inferior forma unhas bañeiras naturáis de auga limpísima (e fresquísima tamén) que invitan ó baño.
A zona está incluida no Parque Natural do Xurés
¿cómo chegar?
O xeito máis doado de chegar é indo en coche ata a localidade de Lovios, perto da fronteira con Portugal e, dende ahí continuar viaxando en dirección a Riocaldo. Unha vez en Riocaldo veredes o monstruoso balneario e podedes continuar un pouco máis adiante para deixalo coche. A partir de aqui hai que ir camiñando (a pesar de que a pista é practicable para vehículos todo terreno é unha opción que desaconsellamos)
O camiño é moi evidente e, unha vez localizado o punto por medio do GPS teredes que buscar un ratiño. Ánimo porque o caché esta ahí esperándovos.
Na actualidade hai construido un paseo á veira do río Caldo polo que tamén se pode acceder ás inmediacions do lugar.
Continuando dende as pozas polo sendeiro chegaredes a un lugar no que se agruparon varios miliarios romanos atopados na zona. Este sendeiro é parte da Via Nova (e tamén este outro enlace), que comunicaba Braga con España.
¿que máis ver?
Aparte do espantoso (¿xa o dixen antes, verdade?) balneario, o nome de Rio Caldo provén do feito de que na localidade nace auga quente e hai unha poza para bañarse. Tamén hai outra na localidade de "O Baño", en Portoquintela.
Dende Lobios podedes ir ata Muiños pola estrada que sae enfrente ó cuarte da Guardia Civil vendo unha paisaxe case lunar, de grandes rebolos de pedra. Precisamente nun pobo que atoparedes no medio do camiño, A Cela, hai varias casas que empregan esas pedras como paredes e parecen estar incrustadas nas mesmas. Xa en Muiños tedes o encoro no que vos podedes bañar, practicar varios deportes nauticos, xantar, ...
Existen varias rutas de sendeirismo na zona.
Outras actividades
Se vos gusta o descenso de barrancos e tedes certo nivel podedes facer este pero sempre coas debidas medidas de seguridade.
A información máis completa que atopamos está aqui (gracias a A. Santos del Riego pola información) Con estas indicacións baixámólo a fináis do verán de 2006 un equipo de 3 persoas levándonos 1 hora para o ascenso, 4 horas para a baixada do barranco e media hora máis para recoller e chegar ata o coche. Por suposto non o vaiades intentar sen ter a experiencia necesaria.
Additional Hints (Decrypt)
Decryption Key
A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M ------------------------- N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z
(letter above equals below, and vice versa)
What are Attributes?
Advertising with Us
There are no Trackables in this cache.
View past Trackables
What are Trackable Items?
You'll collect a digital Treasure from one of these collections when you find and log this geocache: