Galego
Castellano
Micro-magnético.
Require moita discreción. Leva con que escribir.

“Maruxa
e Coralia, pasean polas rúas de Compostela, orgullosas,
desafiantes, con un certo aire de infantil insolencia”
Xosé
Lois Bernal (Farruco)
En
1994 o concello de Santiago de Compostela colocou na alameda a
escultura “das Marías” de César Lombera, xusto onde remataban o seu
paseo. Hoxe son moitos os que se retratan con elas sen saber o
porqué desta homenaxe.
Quen
son as Marías? Tamén coñecidas polas dúas en punto, pois a
esa hora daban o seu paseo, foron queridas e rexeitadas polos
composteláns, obxecto de burla e de cariño, perseguidas
publicamente e axudadas clandestinamente... Sofriron a traxedia da
represión franquista por ser irmáns dun defensor da liberdade ata a
morte.
Coralia
e Maruxa Fandiño Ricart conseguiron atopar o seu espazo na memoria
dos composteláns, para lembrarlles que detrás da maquillaxe da súa
loucura de eterna xuventude agochábase a dignidade de dúas persoas
frustradas, obrigadas a vivir humilladas e na miseria pero que
nunca se entregaron, esa foi a súa grandeza, pasearon por
Compostela o seu desexo de ser o que elas quixeron, non se pecharon
na casa afogadas pola represión, senón que exerceron con coraxe o
seu dereito a amosarse, a imaxinarse libres.
Cara e
cruz das "Dúas en punto" por Xosé Lois Bernal
(Farruco)
Chove
manseniñamente, as badaladas de Berenguela baten a pedra mollada. O
señor Fandiño, honrado e honesto zapateiro pai de trece fillos,
pecha o pequeno taller que ten na Algalia de Arriba, no número
trinta e dous, e prende camiño cara o fogar.
Cando
chega a súa casa na rúa de Espírito Santo, a súa dona, doña
Consuelo Ricart, ven de deitar a Rosaura, a máis noviña dos trece
irmáns, e disponse a amaña-las pezas, de tafilete, de cordobán, de
becerra e de cabuxa, que por encargo de seu home fora mercar pola
tardiña á fábrica de coiros dos Harguindey. Maruxa, Coralia e
Sarita, que andan sempre xuntas dende pequenas, labran nun pano de
liño fermosas filigranas de fíos multicolores. Manolo, que ós
quince anos xa chegara a ser un
sobranceiro
dirixente da C.N.T., anda fuxido, e Alfonso dende o penal de
Santoña afoga na gorxa berros de libertade.
A
Berenguela, que dende sempre é a encargada de medi-lo tempo en
Compostela, ceiba as doce badaladas, e no fogar da familia Fandiño
o silenzo da noite ten repeniques de choiva miúda batendo nas
fiestras, pero de súpeto, esnaquízanse silenzos e sonos.
Están
petando e berrando na porta con furia e con rabia.
A
Maruxa, a Coralia e a Sarita, fráxiles e temerosas criaturas, os
golpes e os berros cravanselle no peito.
-"¡Vimos
a por Manuel Fandiño Ricart, o anarcosindicalista!".
A
resposta é un fondo silenzo con repenique de choiva. Tres homes
remexen por tódolos currunchos da casa con abuso e violencia.
Erguen sabas e mantas destapando inocencias e medos.
Maruxa,
Coralia e Sarita -que morreu nova- dende aquel mesmo intre quedan
atrancadas e quietas no tempo; sóldanse unha contra a outra ata que
a morte as vai desoldando; tapan ou destapan, ¿quén o sabe?, a cara
con estraña e escintilante cosmética; cubren os seus corpos con
roupas case de antroido amable e ensoñador; e saen tódolos días, AS
DÚAS EN PUNTO, a surrirlle as rúas, as prazas e os paseos de
Compostela.
Galego Castellano
Micro-magnético.
Requiere mucha discreción. Lleva con que escribir.

“Maruxa
y Coralia, pasean por las calles de Compostela, orgullosas,
desafiantes, con un cierto aire de infantil insolencia”
Xosé
Lois Bernal (Farruco)
En
1994 el ayuntamiento de Santiago de Compostela colocó en la alameda
la escultura “das Marías” de César Lombera, justo donde terminaban
su paseo. Hoy son muchos los que se fotografían con ellas sin saber
el porqué de este homenaje.
¿Quiénes
son “as Marías”? También conocidas por las dos en punto,
pues a esa hora daban su paseo, fueron queridas y rechazadas por
los compostelanos, objeto de burla y de cariño, perseguidas
publicamente y ayudadas clandestinamente... Sufrieron la tragedia
de la represión franquista por ser las hermanas de un defensor de
la libertad hasta la muerte.
Coralia
y Maruxa Fandiño Ricart consiguieron encontrar su espacio en la
memoria de los compostelanos, para recordarles que detrás del
maquillaje de su locura de eterna juventud, se escondía la dignidad
de dos personas frustradas, obligadas a vivir humilladas y en la
miseria, pero que nunca se entregaron, esa fue su grandeza,
pasearon por Compostela su deseo de ser lo que ellas quisieron, no
se encerraron en casa ahogadas por la represión, sinó que
ejercieron con coraje su derecho a mostrarse, a imaginarse
libres.
Cara y
cruz de las "Dos en punto" por Xosé Lois Bernal
(Farruco)
Llueve
mansamente, las campanadas de la Berenguela golpean la piedra
mojada. El señor Fandiño, honrado y honesto zapatero padre de trece
hijos, cierra el pequeño taller que tiene en la Algalia, en el
número treinta y dos, y emprende el camino hacia el
hogar.
Cuando
llega a su casa en la calle del Espíritu Santo, su esposa, doña
Consuelo Ricart, acaba de acostar a Rosaura, la más pequeña de los
trece hermanos, y se dispone a preparar las piezas, de tafilete, de
cordobán, de ternera y de cabrita, que por encargo de su marido
había ido a comprar por la tarde a la fábrica de cueros de los
Harguindey. Maruxa, Coralia y Sarita, que andan siempre juntas
desde pequeñas, labran en un paño de lino hermosas filigranas de
hilos multicolores. Manolo, que a los quince años ya había llegado
a ser un destacado dirigente de la C.N.T., anda huído, y Alfonso,
desde el penal de Santoña ahoga en la garganta gritos de
libertad.
La
Berenguela, que desde siempre es la encargada de medir el tiempo en
Compostela, suelta las doce campanadas, y en el hogar de la familia
Fandiño, el silencio de la noche tiene redobles de
lluvia
menuda golpeando en las ventanas, pero de repente, se hacen añicos
silencios y sueños. Están llamando y gritando en la puerta con
furia y con rabia. Maruxa, Coralia y Sarita, frágiles y temerosas
criaturas, los golpes y los gritos se les clavan en el
pecho.
-
"¡Venimos a por Manuel Fandiño Ricart, el anarcosindicalista!
".
La
respuesta es un fondo de silencio con redoble de lluvia. Tres
hombres revuelven por todos los rincones de la casa con abuso y con
violencia. Levantan sábanas y mantas destapando inocencias y
miedos.
Maruxa,
Coralia y Sarita -que murió joven- desde aquel mismo instante
quedan atrancadas y quietas en el tiempo; se sueldan una contra la
otra hasta que la muerte las va desoldando; tapan o destapan,
¿quién lo sabe?, la cara con extraña y refulgente cosmética; cubren
sus cuerpos con ropas casi de carnaval amable y ensoñador; y salen
todos los días, LAS DOS EN PUNTO, para sonreirle a las rúas, las
plazas y los paseos de Compostela.