Skip to content

Habelas Hainas Event Cache

This cache has been archived.

EZETA TEAM: Evento archivado.

More
Hidden : Friday, December 21, 2012
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   not chosen (not chosen)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

Non me lembra un tempo no que a xente non fuxira das meigas, ou non as tentara espantar argallando mil astucias. Sei de xente que colgaba ó pescozo ristras de allos ou herbas que cheiraban a mil mortos. Mesmo sei de xente que clavaba nos tellados esporóns de galo, poutas de fera ou calquera outra mostra de alimañas. Así, contaban con espantar ás meigas.

Outros, teñen un estilo moi diferente de fuxir das meigas, rexeitando frontalmente a súa existencia... así evitan o problema. Pero quen máis e quen menos, todo o mundo pensou algunha vez aquilo de: "eu crer non creo... pero habelas hainas".

Pois ben, esta noite será crucial na nosa Historia. No calendario Maia é unha data sinalada: nada máis e nada menos que a fin do mundo. No noso calendario ven marcado por ser o día máis curto do ano, e consecuentemente, a noite máis longa. É por iso que ten que ser este día, precisamente este día.

Así pois, fago un chamamento; un chamamento a todos aqueles intrépidos aventureiros que ousen vires ónde habitan as meigas. Por vez primeira, os humáns non fuxirán das meigas, senón que irán na súa procura.




Para iso teño pensado reunirvos ó carón do lume no fogar do Santiso, onde poderedes repoñer forzas cunha boa cea e onde aproveitarei para darvos as derradeiras indicacións, os derradeiros consellos, os derradeiros folgos que sen dúbida precisaredes.

O encontro terá lugar nas coordenadas que vos facilito, ás 9:30 do serán.

Rógovos que comuniquedes a vosa intención de participar nesta "caza de bruxas" facendo un will attend, e indicando o número de asistentes.

Aínda non vos dixen quen son:

Son o país da choiva eterna.
Son a fin do mundo.
Son ónde a auga convirte a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en morriña perenne.
Son a máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir.
Son a pedra e o vento do norte, xélido e eterno.
Son terra, son mar, son aire e son lume.
Son os catro elementos que forman o país que os homes chamaron Galicia.
Son a terra que os dioses quixeron chamar Eternia.

Additional Hints (No hints available.)