A praia O Muiño está considerada como unha das mellores praias da comarca polas súas características. Situada xusto na desembocadura do río Miño, as vistas cara o río e Portugal fan gozar ós visitantes. O Muiño, de gran extensión, disponse en forma de cuncha nun entorno natural. A area é de cor branca e gran fino.
A praia está enmarcada por una pinar que ofrece lugar de descanso e sombra para os días calurosos de verán. Nos arredores do coñecido areal atópanse varios establecementos hoteleiros e restaurantes, ademáis conta cun aparcamento e servicio de autobuses para os que queiran empregar o transporte público.
SERVIZOS:
Aparcamento |
Teléfono |
Restaurantes |
Contenedores |
Aseos |
Papeleiras |
Acceso minusválidos |
Recollida selectiva |
Duchas |
Transporte |
Hoteis |
Servizos de vixilancia e socorrismo |
ACCESO:
Dirección a parroquia de Camposancos, pola estrada PO-352 e despois coller o desvío á dereita onde xa está indicado nun sinal cara Camposancos e noutro con praias. A pouco máis dun kilómetro e despois de cruzalo casco urbán de Camposancos está sinalizada a baixada a praia O Muiño.
ACCESIBILIDADES:
Coche, peonal ou transporte urbano (autobus).
CARACTERÍSTICAS:
Tipo: |
Praia aberta |
Lonxitude: |
2000 metros |
Ocupación tempada estival: |
Media |
Tipo de area: |
Fina |
Qronwb qr ghf cvrf.