Traditional Geocache

Paseo por: A Illa das Esculturas #3

A cache by almaran Send Message to Owner Message this owner
Hidden : 1/7/2013
In Galicia, Spain
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size: micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:



ILLA DAS ESCULTURAS




O maior museo ao aire libre de Galicia é unha illa fluvial onde chegan as mareas. Son as xunqueiras do Lérez, no treito final deste río declarado espazo natural protexido, de doado acceso desde o centro da cidade de Pontevedra por un agradable paseo.
A Illa das Esculturas acolle unha exposición permanente con carácter público de instalacións artísticas. En total, unha ducia de obras de arte sen contar a natureza. Logo de baixar as esculturas públicas dos seus altos pedestais, a arte pode ser todo o que nos rodea. Nesta ocasión a naturalización procura partillar cos espectadores unha reflexión sobre a relación do home co seu entorno.
O elemento común á maioría das obras está no material empregado: o granito galego. O promotor do proxecto feito realidade desde o ano 1999, Antón Castro, profesor e crítico, defíneo como un poema da identidade galega feita polos artistas máis importantes do mundo. Na relación dos autores figuran nomes con obra exposta no MOMA de Nova York ou no centro Pompidou de París. Pero tamén a idea de Pontevedra é exportable como o demostra o feito de inspirar actuacións similares na creación do centro Montenmedio de Cádiz ou a última con artistas comúns na neoyorkina Long Island.



Velaquí os seus datos. Giovanni Anselmo con Cielo acortado, piar de granito negro; Fernando Casás, Los 36 justos, 36 bloques de granito negro de Campo Lameiro espallados por 4.000 m2; José Pedro Croft, cabanote sen portas nin xanelas en granito gris perla de Mondariz; Dan Graham, Pyramid, xogo de poliedros piramidais en granito rosa de Porriño; Ian Hamilton Finlay, Petrarca, tres medallóns sobre outras tantas árbores en lousa verde de Lugo; Jenny Holzer, oito bancos de granito gris de Arcade gravados con sentencias e consellas; Francisco Leiro, Saavedra. Zona de descanso, balsa de madeira; Richard Long, Línea de Pontevedra, muro de cascallos de granito branco de 37m; Robert Morris, Laberinto de Pontevedra, labirinto circular de dous metros de alto realizado en granito e cuberto de lousa; os irmáns Anne & Patrick Poirier, Una Folie o Pequeño Paraiso para Pontevedra, xardín metálico; Ulrich Rückriem, Estela, menhir nunha encrucillada de camiños; Enrique Velasco, Xaminorio xunquemenes abay, camiño de xuncos.
O acceso pola pasarela peonil que cruza o Lérez directamente á insua permite comezar o circuíto polos camiños e pontellas do parque, situado na marxe esquerda. Os eucaliptos ocupan a meirande parte dos 70.000 m2 do recinto, aínda que a vexetación da ribeira mantén ecosistemas como as xunqueiras silvestres nos que sobrancea a presencia de lavancos e cisnes.



Additional Hints (Decrypt)

onwb cvrqen

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)



 

Find...

175 Logged Visits

Found it 158     Didn't find it 13     Write note 1     Publish Listing 1     Needs Maintenance 1     Owner Maintenance 1     

View Logbook | View the Image Gallery of 21 images

**Warning! Spoilers may be included in the descriptions or links.

Current Time:
Last Updated: on 5/2/2017 3:19:22 AM Pacific Daylight Time (10:19 AM GMT)
Rendered From:Unknown
Coordinates are in the WGS84 datum