Skip to Content

<

03-25 Trans Serra da Groba

A cache by lobosdagroba Send Message to Owner Message this owner
Hidden : 05/02/2016
Difficulty:
4 out of 5
Terrain:
2.5 out of 5

Size: Size: small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Trans Serra da Groba

Etapa 3: Muiños do Folon - Loureza  

A Serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade

Xeoloxía
Trátase dun macizo granítico duns 50 km², en contacto no leste coas rochas sedimentarias metamorfizadas que compoñen o Complexo Monteferro - O Rosal. O granito é alcalino, intruído na oroxenia hercínica, e presenta unha intensa foliación manifestada na disposición paralela das súas micas.
Flora e fauna
A masa arbórea autóctona da serra é a composta por carballos, castiñeiros, salgueiros, loureiros, acivros e sobreiras, maioritariamente. Porén, como noutras zonas de Galiza, predominan as especies de repoboación, basicamente piñeiro bravo e eucalipto azul. O mato componse de toxos e uces, aparecendo nos humedais a escasa e singular herba das malladas, Nardus stricta. Cómpre salientar a presenza do fento do cabeliño, fento arborescentes de nome científico Culcita macrocarpa, con ata tres metros de longo nas follas, e de plantas carnívoras do xénero Drosera, estas últimas en zonas de brañas e lugares húmidos de augas acedas sobre musgos do xénero Sphagnum A fauna está dominada polo cabalo, o cal dá nome a ruta de sendeirismo Sendeiro das Greas que, en parte, transcorre por esta serra. Tamén abundan os raposos, os xabaríns e os coellos. O 90 % das especies de anfibios existentes en Galiza, o 60 % dos réptiles e o 35 % das aves están presentes na Serra da Groba. Seguindo o documento do Consello da Cultura Galega, as diferenzas de diversidade observables entre uns e outros grupos de fauna débese á articulación espacial complexa dun reducido número de sistemas simples
Patrimonio
A contorna da serra é rica en petróglifos. Presentan formas reticuladas e zoomórficas, círculos concéntricos, espirais, liñas e labirintos. Salientan os petróglifos da Valga, en Loureza e os da Laxe Cruzada, en Torroña, parroquia de Burgueira, que contén un dos cinco labirintos gravados que existen en Galiza. Merecen particular atención os gravados de Auga dos Cebros na parroquia de Oia, na que figuran representadas tres embarcacións de orixe mediterránea, probablemente fenicias, unha das mellores probas arqueolóxicas dos contactos establecidos entre os pobos galaicos e os mediterráneos en tempos protohistóricos. Tamén abundan os muíños naviculares, fochancas barquiformes practicadas nas rochas para moer o gran, así como as mámoas. Nas parroquias oienses de Mougás e Burgueira hai restos de foxos de lobos, trampas para estes carnívoros deseñadas como unhas paredes converxentes rematadas a xeito de funil, coma o Foxo Pedriño, o maior dos coñecidos en Galiza. Vellos camiños lousados, hórreos (chamados canizos na zona), pontes e muíños de auga completan o patrimonio arquitectónico tradicional da serra. A cantidade de cabalos ceibes que corren polos montes que compoñen a Serra da Groba fan que nos seus escasos cincuenta quilómetros cadrados teñan lugar ata tres curros: na Valga, e nas parroquias oienses de Burgueira (en Torroña) e de Mougás.

-La circulación fuera de pistas en vehiculos a motor esta prohibida -La circulación en vehiculos a motor por pistas forestales puede ser limitada por el Gobierno en caso de riesgo de incendio -Dejad los caches escondidos y bien cerrados -En caso de grupos, se acepta firmar con un nombre común, dejando constancia en el log los miembros del mismo -La resolución de uno de los enigmas de un etapa, dá las coordendas de todos los de la etapa a la que pertenece
fonte: wikipedia
You can validate your puzzle solution with certitude.
Flag Counter 
Document made with KompoZer

Additional Hints (Decrypt)

Qrgenf qr yn cvrqen

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)



 

Find...

44 Logged Visits

Found it 43     Publish Listing 1     

View Logbook

**Warning! Spoilers may be included in the descriptions or links.

Current Time:
Last Updated:
Rendered From:Unknown
Coordinates are in the WGS84 datum

Return to the Top of the Page

Reviewer notes

Use this space to describe your geocache location, container, and how it's hidden to your reviewer. If you've made changes, tell the reviewer what changes you made. The more they know, the easier it is for them to publish your geocache. This note will not be visible to the public when your geocache is published.