FONTE-MUIÑOS DO REGUEIRO. II

Este espazo está situado en San Esteban de Budiño e sigue o curso do regato denominado Meixía ou Loureiro.
Pártese dunha area de lecer, recentemente acondicionada, con fonte, mesas de pedra e fermosas canles de pedra para guiar a auga, poboada con carballo dos pantanos. Regato abaixo imos atopando tres muíños graduados, tamén recuperados, ata chegar a un salto de auga que sobre todo en épocas de chuvia deixa unha fermosa estampa.
A vexetación potencial do paseo correspóndese con bosque atlántico húmido, carballo, loureiro, mesturado con vexetación de ribeira, amieiros, salgueiro e a medida que se vai baixando a paisaxe vai tomando aspecto de Gándara coa presenza de pastos con solos moi húmidos, encharcadizos e incluso algunha choupeira, ou bosque pantanoso de salgueiros, hai que lembrar a proximidade do ZEC, Gándaras de Budiño desta zona.
A presenza de auga corrente, no regato, e estancada nunha pequena poza na zona de lecer, fai que sexa un sitio ideal para fauna acuática, odonatos, coleópteros acuáticos, anfibios etc…
A vexetación da zona motiva o crecemento da comunidade fúnxica, coa presenza de carballos, cun amplo catálogo de fungos asociados ou árbores riparios que xa establecen micorrizas con especies mais específicas como o xénero Naucoria.
Nos antigos colexios habilitouse un centro de interpretación, e ademais forma parte da senda dos humidais organizada polo Concello de Salceda de Caselas

EL CACHÉ
Se trata de un conjunto de 3 caches colocados en varios puntos de la ruta.
llevar material de escritura.