Skip to content

Miradoiro do Coto de San Sebastián Traditional Cache

Hidden : 01/10/2017
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Traducción automática - Castellano              Machine translation - English


O Coto de San Sebastián é un miradoiro natural de 394 metros de altitude, situado entre as parroquias de Loxo e Fontes Rosas. Desde o seu cumio, un dos puntos con mellor dominio visual do concello de Touro, aprécianse con claridade o Pico Sacro, o aeroporto de Lavacolla, diversas parroquias do municipio e as serras do Farelo, Candán e Barbanza; nos días despexados, e con axuda de prismáticos, poden distinguirse incluso algúns picos dos Ancares.

No alto do monte consérvanse os restos dun castro da Idade do Ferro, de forma ovalada, definido por un terraplén e cunha terraza a modo de antecastro na súa parte norte. A súa muralla perimetral aínda é visible, así como vestixios da antiga capela de San Sebastián no punto central. Non se realizaron escavacións arqueolóxicas, polo que as datas de ocupación seguen a ser descoñecidas.

No pasado, o cumio acolleu unha ermida dedicada a San Sebastián, que hoxe se ergue ao pé do monte, onde cada primeiro de xullo se celebra a Romaría do Coto de Loxo.

Na vertente oeste localízase outro xacemento arqueolóxico: O Castrillón, escavado en 2023 polo equipo de Roman Army. Trátase dun pequeno recinto fortificado cun parapeto terreiro, cuxas características apuntan a un castellum de época romana. A súa proximidade leva a preguntarse se puido ter sido construído para sitiar ou controlar o Coto de San Sebastián.

 

Additional Hints ()

Qronvkb qhaunf crqenf. Qronwb qr hanf cvrqenf. Vf haqre fbzr fgbarf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)

Advertising with Us