Skip to content

HEROIS DO CHAPAPOTE Traditional Cache

Hidden : 11/13/2017
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   regular (regular)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

HEROIS DO CHAPAPOTE 


Afundimento do Prestige

Galego
O 13 de novembro de 2002, o petroleiro “Prestige”, cargado con 77000 toneladas de fuel, accidentouse cando navegaba fronte á Costa da Morte.
Sen ningunha coordinación, as autoridades someteron ao barco a unha errática viaxe ata que o día 19 acabou partindo e afundíndose para provocar unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia.
Os dirixentes confiaban en que o fuel que levaba o petroleiro se conxelase e se convertise en “adoquín”, pero a realidade demostrou que non era así, aparte da enorme cantidade de fuel liberada na errática viaxe, o barco afundido continuaba a deixar saír fuel que ascendía ata a superficie, algo que un político español chamaou “unos pequeños hilillos de plastilina”.
Coas autoridades ausentes e negando a evidencia, unha negra sombra abateuse sobre as costas galegas en forma de marea negra de chapapote. Un veleno negro que tinguía de morte todo canto alcanzaba. Desde o norte de Portugal ata Francia.
Con todo perdido, xurdiu unha enorme marea branca de solidariedade para loitar contra o chapapote, mariñeiros e moitos miles de voluntarios apañaron o chapapote coas súas mans, sen medios, no medio daquel cheiro a destrución e a morte. Outras moitas persoas preparaban bocadillos e cociñaban para que puidesen alimentarse. Todas e todos son os verdadeiros “HEROIS DO CHAPAPOTE” aos que lles dedicamos esta caché.
O esforzo e a coraxe desta enorme marea branca, da que agora se cumpren quince anos, foi unha fermosa lección de solidariedade.
Nota: A primeira oleada de chapapote chegou a esta praia de Doniños o 21 de novembro de 2002
A marea branca limpando o chapapote en 2003
Español
El 13 de noviembre de 2002, el petrolero “Prestige”, cargado con 77000 toneladas de fuel, se accidentó cuando navegaba frente a A Costa da Morte.
Sin ninguna coordinación, las autoridades sometieron al barco a un errático viaje hasta que el día 19 acabó partiendo y hundiéndose para provocar una de las catástrofes medioambientales más grandes de la historia.
Los dirigentes confiaban en que el fuel que llevaba el petrolero se congelase y se convirtiese en “adoquín”, pero la realidad demostró que no era así, aparte de la enorme cantidad de fuel liberada en el errático viaje, e barco hundido continuaba dejando salir fuel que ascendía hasta la superficie, algo que un político español llamó “unos pequeños hilillos de plastilina”.
Con las autoridades ausentes y negando la evidencia, una negra sombra se abatió sobre las costas gallegas en forma de marea negra de chapapote. Un veneno negro que teñía de muerte todo canto alcanzaba. Desde el norte de Portugal hasta Francia.
Con todo perdido, surgió una enorme marea branca de solidaridad para luchar contra el chapapote, marineros y muchos miles de voluntarios recogieron el chapapote con sus manos, sin medios, en el medio de aquel hedor a destrucción y muerte. Otras muchas personas preparaban bocadillos y cocinaban para que pudiesen alimentarse. Todas y todos son los verdaderos “HÉROES DEL CHAPAPOTE” a los que les dedicamos esta caché.
El esfuerzo y el coraje de esta enorme marea blanca, de la que ahora se cumplen quince años, fue una hermosa lección de solidaridad.
Nota: La primera oleada de chapapote llegó a esta playa de Doniños el 21 de noviembre de 2002

Voluntarios recollendo o chapapote

Additional Hints (Decrypt)

É ha gneeb erqbaqb ntbpunqb qronvkb qhaunf crqenf./ Rf ha gneeb erqbaqb bphygb qronwb qr hanf cvrqenf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)