Skip to content

Faro da Porta Traditional Geocache

This cache has been archived.

PurpleTentacle: Hola ballerina789,

Observo que no ha realizado ninguna tarea de mantenimiento sobre Su caché ni demostrado ninguna intención por solucionar el problema para reactivarlo desde que le puse la nota de aviso, y ya ha pasado el plazo dispuesto. Al no demostrar interés en mantener y reactivar este caché, no puede seguir estando publicado en geocaching.com, ya que esto impediría que no se puedan aprobar futuros cachés de otros miembros que se coloquen en las cercanías de éste. Como sabe, según las normas de geocaching.com, no se pueden esconder cachés a menos de 161 metros de otros cachés publicados en la web. Por esta razón, procedo al archivo definitivo del caché. Recuerde que no podremos sacarlo del archivo en ningún caso.

De todas formas, quiero agradecerle de nuevo su contribución al geocaching.

Gracias por su comprensión.

Un saludo,

PurpleTentacle
Volunteer Cache Reviewer [ESP]
Geocaching.com

More
Hidden : 10/1/2012
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

O caché contén logbook e lápis.

A  pesar da súa aparente soidade na entrada da ría de Vigo, a modo de gran dique protector, unha vez aquí saberedes que as Cíes ocupan un importante lugar na historia. Foron territorio do home no Paleolítico e no Neolítico. Da Idade do Bronce data o castro "As Hortas", situado na aba do Monte Faro, que tamén foi ocupado durante a época romana. Algúns autores incluso sosteñen que Xulio César pisou este territorio. Non quedan restos das invasións suevas, pero no século VI instaláronse aquí dous conventos: San Martiño na illa Sur e Santo Estevo na illa do Medio. Sobre as ruínas deste último construíuse o actual Centro de Interpretación, xunto ao cal aínda poderedes ver un sepulcro antropomorfo.

Francis Drake...

Os ataques piratas dos turcos, tunisianos e ingleses na ría de Vigo tamén chegaron ás illas Cíes, que incluso foron arrasadas polo famoso corsario inglés Francis Drake. Estes asaltos provocaron plans de fortificación posteriores, a construción dun almacén de artillería en 1810 no antigo mosteiro de Santo Estevo, un cuartel de carabineiros e o cárcere próximos á praia de Nosa Señora. Avanzados os anos, o auxe da actividade conserveira na costa tamén fixo que sobre 1840 se levantaran aquí dúas fábricas de salgadura, entre outras construcións, pero que foron cesando a produción debido á competencia ata chegar a desaparecer. Igual que o fixo a sempre intermitente e pequena poboación local, a maioría orixinaria de Cangas, a mediados do século XX á par que medraba o interese turístico por este destino.
Non vos deixedes levar pola tentación de permanecer tombados en calquera destas praias que, polas súas características naturais, ben parecen asociadas a destinos tropicais, igual que outras de Galicia. A máis longa de Rodas, a de Nosa Señora, a nudista das Figueiras, a cala da Cantareira,… Aproveitade para explorar as illas Norte e a do Medio, unidas entre si por un pequeno dique que deu lugar a unha lagoa de auga salgada, e polo areal de Rodas.
Sen dúbida, a ruta cara ao Monte Faro é a preferida debido á espectacularidade da subida: en pronunciada pendente e en zigzag, acadando os 175 metros sobre o nivel do mar. Neste cumio atópase o faro das Cíes, que data de 1852. Dende aquí teredes unha magnífica panorámica do arquipélago que compensará o esforzo previo e a falta de alento. Esta camiñada permitiravos explorar boa parte da illa do Medio e os seus valores naturais e culturais: o Centro de Interpretación da Natureza; a praia de Nosa Señora, a Pedra da Campá, perforada pola forza dos ventos atlánticos cargados de salitre, e o observatorio de aves. Veredes corvos mariños, pero sobre todo gaivotas patiamarelas. Aquí está a maior colonia desta especie na Península Ibérica, sendo os habitantes máis numerosos das Cíes. Esta ruta tamén vos conectará co faro da Porta, un sinal marítimo que custodia o estreito do mesmo nome, e desde o que ver en toda a súa plenitude a solitaria illa de San Martiño, só accesible en barco, e onde está situado o faro dos Bicos.
Cara ao norte, case no extremo da illa de Monteagudo, atoparedes o cuarto faro deste enclave, chamado O Peito. Aínda que situado preto do punto máis elevado do arquipélago, o Alto das Cíes de 193 metros sobre o nivel do mar, o camiño é livián. Neste traxecto veredes tamén as ruínas dun antigo asentamento e outro observatorio de aves, ademais de sentirvos máis preto de terra. A razón é que este punto só dista 2,5 km da costa da Vela e de cabo Home. Ao norte divisaredes o perfil da illa de Ons protexendo a ría de Pontevedra.
De volta cara ao punto de partida, aproveitade para subir ao Alto do Príncipe, a 111 metros sobre o nivel do mar. Apoiádevos na caprichosa forma da rocha coñecida como a Cadeira da Raíña. Como se esta pedra fose un balcón natural, asomádevos ao océano Atlántico e observade o contraste entre as dúas vertentes das illas: con paredes de cantís case verticais na cara oeste e suaves dunas e praias na leste.
Andando por esta parte das Cíes, acordarédesvos de Camariñas ou da Pobra do Caramiñal, porque no complexo dunar de Figueiras-Muxieiro medra a camariña, un arbusto protexido e en perigo de extinción, de bagas negro azuladas, que lles dá nome a estes dous municipios coruñeses. E ao mellor animádesvos a coller “herba de namorar”, tamén chamada caravel mariño, como se estiverades en Santo André de Teixido e quixerades cumprir un dos rituais asociados a este santuario máxico para que o só contacto coa planta vos traia sorte cos amores.  

Chegado o final do día, despedídevos deste reduto de paz e de vida mentres o mar das Cíes se vai confundido co ceo xa avermellado, e só o ronsel do voso barco vos une con este paraíso celestial na terra.

Additional Hints (Decrypt)

Ab zheb. Ba gur jnyy

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)