Nunha das nosas viaxes a Sevilla descubrimos un caché que nos pareceu moi orixinal: Postales desde Sevilla (GC1T9VR), de lnita & talika. Agora quixemos esconder un similar na nosa cidade.
Este é un caché tradicional, mais coa característica de que poderá ser utilizado para o intercambio de postais entre os geocachers que o visiten.
A idea é que na vosa visita levedes unha postal que vos guste preparada para ser enviada (coa vosa dirección e un selo) e a deixedes no caché. Do mesmo xeito, poderedes coller unha das que outros geocachers deixasen anteriormente, escribir nela unhas liñas e enviala á persoa que a deixou.
Esperamos que vos guste a idea e, para comezar, deixamos nós unhas postais para os primeiros que as atopen.
O caché está escondido no lugar máis turístico da cidade, a Torre de Hércules, concretamente nun emplazamento cunhas vistas preciosas e que esperamos que sexa tranquilo.
Esta idea que naceu na capital andaluza xa ten a súa versión noutros lugares do mundo. Aquí tedes a listaxe:
- Postais desde A Coruña
- Postales desde Barcelona
- Postales desde Sevilla
- Postales desde Arcos de la Frontera
- Postales desde Jaca
- Poštanski sandučić