O pasado 26 de setembro, parte das alumnas do Curso de Monitores de Tempo Libre colocamos un Geocaché, tal e como quedarámos na Cidadella, no Concello de Vilardevós, perto da aldea de Soutochao, e paso obrigado cara o pobo Portugués de Xixirei ( merece a pena visitalo).

A Cidadella forma parte de unha das Rutas do Contrabando que percorren o Concello de Vilardevós, fai fronteira con Portugal. Ademais de poder facer unha ruta perfectamente señalizada, podes visitar antigos muiños rehabiliatados, o curso do río fai pozas ó longo do seu cauce e remata nunha cascado de +/- 50 metros.

A zona conta con un refuxio para os peregrinos que fan o camiño de Santiago portugués que ven dende Xixirei, e neste intres estase tentando que se declare Lugar de Interese Comunitario. É un lugar ideal, para pasar o día, xa que conta con varias áreas recreativas. Moi preto de alí, na aldea de Tomonte podes visitar uns bucráneos (romanos) e un forno rehabilitado. Tamçen unha praia fluvial na vila portuguesa de Xixirei.
