Skip to content

Playa de O Laño Traditional Cache

This cache has been archived.

martinmg: Archivado

More
Hidden : 3/19/2010
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Geocaché: Playa de O Laño, por:martinmg



Texto en galegoA praia do Laño está ubicada no lugar do seu mesmo nome, O Laño. Atopámonos con esta fermosa paraxe na franxa costeira do pobo de Arén, pertencente á parroquia de Samieira (Santa María de Samieira). Todo iso no concello de Poio, Provincia de Pontevedra.

Situado nunha contorna rural, este areal con orientación ao sur, ten unha extensión de máis de 500 metros. Trátase dunha praia en forma de media cuncha que se atopa rodeada por vexetación, que brinda unha moi agradecida sombra nas calorosas xornadas de praia, e limitada en ambos extremos por zonas rochosas que penetran no mar.

Resgardada dos ventos, conta con augas tranquilas e con dúas zonas diferenciadas de area, unha fina na sua parte superior e outra mais grosa con algo de grava na beira do mar.

Rodeada de vexetación e con dous tipos de area

Típicas barcas persqueiras fondeadas na praia Nas súas augas claras podemos ver as pequenas e típicas barcas pesqueiras fondeadas con áncora ou varadas na area e que mostran unha bonita estampa mariñeira. Esta praia conta nos últimos anos cunha liña de balizamento para impedir o acceso de embarcacións á beira, deixando libre un acceso central que a fai idónea para recalar nun percorrido pola marxe setentrional da ría de Pontevedra.

É unha praia moi tranquila e recollida, abrigada dos ventos e correntes, e non é moi frecuentada por bañistas foráneos. É un areal pouco concorrido en comparación cos desta zona cunha ocupación media na época estival.

A praia do Laño ten un total de tres accesos. O situado na súa marxe esquerda é unha pequena baixada peonil que discorre entre casas. Na outra punta temos un carreiro no que dá comezo a ruta de sendeirismo a “Ruta dos Muiños de Samieira”. Unha pequena senda entre leiras e verdes prados lindeiros co litoral.
O acceso principal, asfaltado e con posibilidade de aparcar o coche (se chegas dos primeiros) é un pequeno desvío que une directamente a praia coa estrada da costa C-550 á altura do km.70. na chamada recta do Laño que transcorre paralela á costa.

Como curiosidade atopamos que a praia está dividida en dúas metades por un pequeno río, o río "Freiría" ou "dos muiños", que ten a súa desembocadura nestas augas. Para facilitar o seu paso existe unha pequena pasarela que se suma á beleza e singularidade da paisaxe.

Areal tranquilo, abrigado dos ventos e correntes

Unha pequena pasarela une as duas metades da praia

 

Como servizos a destacar conta con parada de bus a poucos menos do acceso principal, así como restaurantes e varios aloxamentos en hoteis e casas rurais a menos de 500 metros. Igualmente conta con duchas, aseos públicos, papeleiras e colectores, servizo de limpeza diaria e acceso para discapacitados (os aseos tamén están adaptados para minusválidos), aos que hai que engadir un chiringuito a pé de praia para refrescarse tomando o sol (certos servizos como os aseos, o balizamento, o chiringuito e similares só están dipoñibles durante o verán).

 

A caché

A CACHÉ: Esta é unha caché fácil e rápida, orientada máis ao goce do lugar que a romperse a cabeza na súa busca. Trátase dun pequeno contenedor plástico, tipo carrete de fotos. O lugar non ofrece moita cobertura para esconderse mentres se busca, estarás exposto a tódalas miradas, polo que se roga ser o máis discreto posible á hora de coller o e voltar a esconder a caché

.Prégase ser o máis discreto posible

 

 Un último consello, non fiarse por completo do google maps, é unha ferramenta fantástica pero a exactitude das súas fotos satélite non goza de toda a precisión da que debería.

 

Iso é todo, espero que gocedes dun agradable paseo ou dunha boa xornada de praia no Laño de paso que buscades a caché, un saúdo a todos de martinmg.

.





Texto en castellano La playa de O Laño está ubicada en el lugar de su mismo nombre, O Laño. Nos encontramos este bonito paraje en la franja costera del pueblo de Arén, perteneciente a la parroquia de Samieira (Santa María de Samieira). Todo ello en el ayuntamiento de Poio, provincia de Pontevedra.

Situado en un entorno rural, este arenal con orientación al sur, tiene una extensión de más de 500 metros. Se trata de una playa en forma de media concha que se encuentra rodeada por vegetación, que brinda una muy agradecida sombra en las calurosas jornadas de playa, y limitada en ambos extremos por zonas rocosas que se adentran en el mar.

Resguardada de los vientos, cuenta con aguas tranquilas y con dos zonas diferenciadas de arena, una fina en su parte superior y otra mas gruesa con algo de graba en la orilla.

Vista aérea de la playa del Laño

Aguas claras en un entorno rural

En sus aguas claras podemos ver las pequeñas y típicas barcas de pesca fondeadas al ancla o varadas en la arena y que ofrecen una bonita estampa marinera. Esta playa cuenta en los últimos años con una línea de balizamiento para impedir el acceso de embarcaciones a la orilla, dejando libre un acceso central que la hace idónea para recalar en un recorrido por el margen septentrional de la ría de Pontevedra.

Es una playa muy tranquila y recogida, abrigada de los vientos y corrientes, y no es muy frecuentada por bañistas foráneos. Es un arenal poco concurrido en comparación con los de esta zona con una ocupación media en la época estival.

Vista del litoral hacia RaxóLa playa de O Laño tiene un total de tres accesos. El situado en su margen izquierdo es una pequeña bajada peatonal que discurre entre casas. En el otro extremo tenemos un sendero en el que da comienzo la ruta de senderismo “Ruta dos Muiños de Samieira”. Una pequeña senda entre fincas y verdes prados colindantes con el litoral.
El acceso principal, asfaltado y con posibilidad de aparcar el coche (si llega
s de los primeros) es un pequeño desvío que une directamente la playa con la carretera de la costa C-550 a la altura del km.70. en la llamada recta do Laño que transcurre paralela a la costa.

 

Disfrutando de la playa
Como curiosidad nos encontramos que la playa está dividida en dos mitades por un pequeño río, el río "Freiría" o "dos muiños" (de los molinos), que tiene su desembocadura en estas aguas. Para facilitar su paso existe una pequeña pasarela que se suma a la bell
eza y singularidad del paisaje.

Como servicios a destacar cuenta con parada de bus a pocos menos del acceso principal, así como restaurantes y varios alojamientos en hoteles y casas rurales a menos de 500 metros. Igualmente cuenta con, duchas, aseos públicos, papeleras y contenedores, servicio de limpieza diaria y acceso para discapacitados (los aseos también están adaptados para minusválidos), a los que hay que sumar un chiringuito a pie de playa para refrescarse tomando el sol (ciertos servicios como aseos, balizamiento, el chiringuito y similares sólo están disponibles durante la época estival).

.

El caché EL CACHÉ: Este es un caché fácil y rápido, orientado más al disfrute del entorno que a romperse la cabeza en su busca. Se trata de un pequeño contenedor plástico, tipo carrete de fotos. El lugar no ofrece mucha cobertura para esconderse mientras se busca, estarás expuesto a todas las miradas, por lo que se ruega ser lo más discreto posible a la hora de coger el y volver a esconder el caché.

Se ruega ser lo más discreto posible  

Un último consejo, no fiarse por completo del google maps, es una herramienta fantástica pero la exactitud de sus fotos satélite no goza de toda la precisión de la que debiera.

.

Eso es todo, espero que disfrutéis de un agradable paseo o de una buena jornada de playa en el Laño de paso que buscáis el caché, un saludo a todos de martinmg

.


Contador de visitas: Playa de O Laño

Additional Hints (Decrypt)

Rfgá nuí qrageb, ire sbgb fcbvyre.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)