Colocamos este caché para axudar a que a xente que non coñece esta fermosa vila poida facelo e para que os que xa teñen estado por aquí teñan unha escusa para voltar.
A visita comezará na praza principal, a praza dos irmáns García Naveira, e consistirá en visitar catro lugares diferentes do casco vello buscando as respostas ás preguntas que propoñemos. As coordenadas finais levaranvos ás inmediacións do Parque do Pasatempo (a aproximadamente 1 km da praza), un “parque enciclopédico” que crearon os irmáns cando regresaron da emigración como agasallo á súa cidade natal.
Desgraciadamente, as condicións da parte antiga do parque xa non son seguras para a súa visita por falta de mantemento durante moitas décadas. Agora mesmo está sendo rehabilitado e a única forma de visitala é mediante visitas guiadas organizadas polo Concello. De todas formas, pensamos que segue a ser interesante achegarse alí e coñecer desde fóra o pouco que se pode ver. A parte que segue aberta do recinto, aínda que non ten tanto interese histórico, tamén é moi recomendábel para dar un paseo e pasar un bo rato.
Esperamos que vos guste!
ETAPA 1: Praza dos Irmáns García Naveira
As coordenadas iniciais levaranvos a unha praza onde teredes que buscar diferentes datos para obter as seguintes cifras:
- Perto das coordenadas hai unha estatua de dúas persoas; con quen fala por teléfono unha delas?
a) Coa Fe [A=3]
b) Coa Caridade [A=8]
c) Co seu irmán [A=1]
d) Coa Esperanza [A=7]
- Na mesma praza hai unha fonte e nesta un ano xunto ao nome da vila. Cal é?
a) 1808 [B=3]
b) 1867 [B=9]
c) 1902 [B=2]
d) 1866 [B=5]
- Por último, terás que contar o número de columnas que sosteñen o palco da música que tamén estarás vendo:
a) 8 [C=7]
b) 5 [C=1]
c) 10 [C=4]
d) 7 [C=6]
As coordenadas da segunda etapa son: N 43º 16.ABC W 8º 12.(C-1)AB
ETAPA 2
Ao chegar ao novo punto:
- Busca nun dos paneis informativos o século de construción do pazo que hai á esquerda:
a) XV [ABC=929]
b) XIX [ABC=548]
c) XII [ABC=939]
d) XIV [ABC=878]
- No mesmo panel fálase dunha construción da cidade que tivo que ser reformada tras un terremoto. En que ano ocorreu esta desgraza?
a) 1755 [DEF=686]
b) 1561 [DEF=601]
c) 1799 [DEF=279]
d) 1912 [DEF=742]
As coordenadas da terceira etapa son: N 43º 16.ABC W 8º 12.DEF
ETAPA 3
- Nesta etapa chegarás á porta dunha igrexa. A primeira incógnita é o número da rúa que ocupa:
a) 15 [A=1]
b) 11 [A=8]
c) 8 [A=5]
d) 2 [A=9]
- Cantas destas bolas de pedra hai no adro?
a) 12 [B=4]
b) 9 [B=3]
c) 6 [B=2]
d) 3 [B=1]
- A que estilo arquitectónico pertence esta igrexa?
a) Románico [C=7]
b) Renacentista [C=1]
c) Barroco [C=6]
d) Gótico [C=5]
As coordenadas da cuarta etapa son: N 43º 16.ABC W 8º 12.(B+C)(3*B)(3*B)
ETAPA 4
- Agora chegarás aos límites da zona vella, en concreto nunha porta da que o primeiro que tes que descubrir é quen foi o seu construtor:
a) Silvestre Concheiro [ABC=681]
b) Afonso Pardiñas [ABC=656]
c) Dinís Lópes [ABC=630]
d) Joao Soares [ABC=626]
- Na encrucillada de que rúas da zona vella atopas a porta?
a) Rúa Cristo / Rúa Cerca [DEF=103]
b) Rúa San Francisco / Rúa Cabildos [DEF=178]
c) Rúa Cerca / Rúa Prateiros [DEF=201]
d) Rúa dos Ferreiros / Rúa do Hórreo / Rúa San Francisco [DEF=166]
As coordenadas da etapa final son: N 43º 16.ABC W 8º 13.DEF
ETAPA FINAL
Como xa dixemos, se todos os pasos foron correctos, estaredes nas inmediacións do Pasatempo. O caché está escondido fóra do recinto, polo que non é necesario acceder a el. De todas formas, recomendámosvos que deades un paseo polo parque porque paga a pena. O horario de apertura é o seguinte:
O Parque permanecerá aberto ininterrumpidamente todos os días de 9:00 a 18:30.