Skip to content

A PONTE SOBRE O RÍO BROI Traditional Cache

This cache has been archived.

DvdAM: Archivado.
Xa o esconderei en outro sitio. É a primeira vez que op fago, e a verdade, o sitio non era o mais axeitado.
Disculpas.

More
Hidden : 5/9/2011
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


A PONTE SOBRE O RÍO BROI

Localización:
Provincia: PONTEVEDRA; Comarca: O BAIXO MIÑO; Concello: OIA; Parroquia: VILADESUSO; Barrio: O SERRALLO; C.P.: 36309.

Situado sobre o Rio Broi, é unha ponte, mellor dito, era unha ponte de gran valor histórico, que estaba catalogada como un elemento a conservar. Era unha ponte da época medieval, nela había, a un dos lados unha peza similar a una estela discoidea cunha inscripción que recordaba a unha obra de restauración levada a cabo no ano 1808, onde se podía leer a seguinte inscripción: “Labrouse por conta da Jurison. Ano de 1808”. No outro lado da ponte había un peto de ánimas, o caixón das esmolas presentaba unha abertura pola súa parte traseira, era de tipo aberto e coroado antigamente por unha cruz xa desaparecida hai tempo. O retablo presentaba unha fornela totalmente baleira. A ambos lados da ponte podíanse apreciar tramos do camiño enlosado por onde discurría a vía romana coñecida co nome de “Per Loca Maritima”.
Describo o lugar en pasado por que no outono do ano 2006, cando as fortes choivas acaecidas no día 22 de outubro producíronse importantes inundacións que levaron consigo o arrastre de materiais, como masa forestal queimada, cinzas, pedras etc, que arrasaron con algunha vivenda, camiños ou pontes, coma a que eiquí tratamos, a Ponte do Río Broi.
Na actualidade estase a recuperar para comunicar amba-las duas beiras do río, pero polo que se aprecia nas obras que se están a levar a cabo, nada ten que ver co que había.

Additional Hints (Decrypt)

Rfgbh ntnpunqb baqr npnon b fhzvavfgeb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)