Skip to content

A Burga de Xermeade - Teo EarthCache

Hidden : 6/1/2011
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   not chosen (not chosen)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Namentras a xente nosa fale do ouro escondido, é que estará viva en nós a ledicia imaxinativa, e seremos aínda máis ricos por soñar con tesouros que tendo tódolos tesouros do mundo nunha arca gardada. Valen máis escondidos.

(Álvaro Cunqueiro, “Tesouros novos e vellos”)

 

Mientras nuestra gente hable del oro escondido, estará viva en nosotros la alegría imaginativa, y seremos aún más ricos por soñar con tesoros que teniendo todos los tesoros del mundo en un arca guardada. Valen más escondidos.

(Álvaro Cunqueiro, “Tesouros novos e vellos”)

 

 

Galego Castelán English Final de texto

 

No texto está a resposta a dúas preguntas que has responder se queres rexistrar que o atopaches.

 

Orixe das augas sulfuradas

A orixe das augas sulfuradas relaciónase cos depósitos secundarios. A mineralización prodúcese por disolución primeiro e redución despois ao ir atravesando os elementos que recobren os terreos secundarios nun cruzamento de fallas en dirección N 20º E, N 60º E e n 165º E, que cortan un macizo granítico. Estas augas tamén se caracterizan por conter bacterias e algas que só proliferan en ambientes ricos en xofre. As augas desta burga caracterízanse por ser sulfuradas e cloruradas sódicas, xorden cun caudal constante a unha temperatura de 15º C, polo que se considera auga mineromedicinal fría, e das máis alcalinas, o seu pH é de 9,9 debido á hidrólise dos silicatos. Por cada 100 partes contén 0,0346 de sulfuro sódico, a predominancia do xofre na súa composición dálle o seu cheiro característico a ovos podres.

Son augas que se alteran facilmente en contacto co aire, precipitando os compostos sulfurados, polo que deben ser utilizadas ao pé do manancial ou nun lugar próximo.

 

Propiedades medicinais

Desde a antigüidade este tipo de augas sulfuradas foi o preferido con respecto a outros tipos de augas mineromedicinais, sacadas as termais que ocupaban o primeiro lugar nas preferencias, sobre todo, para tomar os baños. O termalismo en Galicia foi unha actividade moi importante, os romanos xa tiñan spa (sanita per aquis), ata o punto de que en 1816 se regularon por primeira vez estes espazos e creouse un corpo de médicos de baños para atendelos, do que formou parte Castelao.

Estas augas sulfuradas e cloruradas sódicas teñen moitos usos medicinais. As augas da burga actúan no corpo por inxestión, inhalación e por vía tópica, tanto de forma xeral como máis especificamente no aparello respiratorio, no dixestivo, na pel e nas cartilaxes. Caracterízanse pola súa acción estimulante de diversas funcións orgánicas e metabólicas. As súas principais indicacións terapéuticas son estas:

-  As enfermidades crónicas ou agudas recidivantes das vías respiratorias con hiposecreción, especialmente se se acompañan de infeccións frecuentes, xa que é reparadora e rexeneradora da mucosa rinosinusal, farínxea e bronquial. Rinite, polipose, vexetacións.

-  Dermopatías crónicas non infecciosas, coma eccemas, acne vulgar, psoríase, dermatite seborreica, ptiríase, intertrixe, dermatite de contacto. É emoliente e descamadora, ademais de queratolítica e queratoplástica, segundo a dose.

-  Enfermidades reumáticas crónicas e secuelas de afeccións cirúrxicas postraumáticas. É rexeneradora da cartilaxe articular.

-  Afeccións hepáticas e enterohepáticas. Desconxestionante e desintoxicante hepática (glicuronoconxugación).

-  Antiinflamatoria, antianafiláctica e antiprurixinosa.

-  Antialerxénica e inmunoestimulante.

-  Hematopoética, hipoglicemiante e hipocolesterolemiante.

-  Ademais ten efecto antioxidante.

 

Historia da Burga de Xermeade

A fonte, dun só cano, verte a un estanque circular duns 3 m de diámetro de pedra labrada, no que poden entrar a tomar o baño ata 24 persoas á vez. Non se sabe con certeza a época de seu descubrimento, pero polo menos hai máis de dous séculos que as augas medicinais se utilizan e, segundo a tradición e da crenza dos veciños do lugar, parece que isto é de tempo inmemorial.

Contan os veciños que un frade, despois de sandar coas augas da burga dunha perna que os médicos de Compostela lle querían amputar, mandou construír a primeira “bañeira” para que todos os veciños puidesen “tomar as augas”.

Nos anos trinta unha familia intentou privatizar a fonte, pero os veciños de Pontevea presentaron un preito pola propiedade do manancial. Nos anos cincuenta as autoridades permitiron a construción dunha pequena casa de baños mentres o xulgado non emitía sentenza sobre a titularidade das terras, en Pontevea chegaron a funcionar ata 5 casas de baño. Finalmente os veciños gañaron o preito e a casa de baños quedou en desuso, arestora está en ruínas a carón da bañeira.

A burga sufriu unha agresión por causa da instalación do oleoduto Vigo - A Coruña no ano 1993, que a escasos 20 metros cortou a vea do manancial que fornecía a auga da fonte. As presións dos veciños tiveron como resultado que se fixesen os labores precisos para restituíla, aínda que non chega a ter o caudal de antano.

Actualmente e despois do proceso de concentración parcelaria da parroquia de Reis, o Concello fica coa titularidade da burga e desde o ano 2010 está restaurada e o lugar acondicionado para o uso público.

Sobre o río Ulla, ao lado do acceso peonil da burga podemos atopar a ponte medieval de Pontevea, que tamén merece unha visita.

 

Pregunta 1.A predominancia de xofre dálle o seu cheiro característico a .......

Pregunta 2.Sufriu unha agresión por causa da ......

Pregunta 3.Cantas pedras forman o muro do círculo da bañeira?

Pregunta 4. No cartel informativo que hai no acceso peonil di que nun artigo da Revista Médica o ilustre químico Antonio Casares mencionaba as sulfurosas augas da burga que se usan principalmente para beber. Cal é o número da publicación e a data desta?

Se che é posible fai unha foto sen revelar a resposta á 3ª pregunta.

Galego Castelán English Final de texto

 

 

En el texto está la respuesta a dos preguntas que tienes que responder si quieres registrar que lo encontraste.

 

Origen de las aguas sulfuradas

Su origen se relaciona con depósitos secundarios, mineralizándose por disolución primero y reducción después al ir atravesando los elementos que recubren los terrenos secundarios que recorren e un cruce de fallas de direcciones N 20º E, N 60º E y N 165º E, que cortan un macizo granítico. Estas aguas también se caracterizan por contener bacterias y algas que sólo proliferan en ambientes ricos en azufre. Las aguas de esta burga se caracterizan por ser sulfuradas y cloruradas sódicas y surgen con un caudal constante a una temperatura de 15º C, por lo que se considera agua mineromedicinal fría. Está entre las más alcalinas de Galicia y su pH es de 9,9 debido a la hidrólisis de los silicatos. Por cada 100 partes contiene 0,0346 de sulfuro sódico, la predominancia del azufre en su composición le da su olor característico a huevos podridos.

Son aguas que se alteran fácilmente en contacto con el aire, al precipitar los compuestos sulfurados, por lo que deben ser utilizadas al pie del manantial o en lugar próximo.

 

Propiedades medicinales

Desde la antigüedad este tipo de aguas sulfuradas fue el preferido sobre otros tipos de aguas mineromedicinales, excepto las termales que ocupaban el primer lugar en las preferencias, sobre todo para bañarse. El termalismo en Galicia, os romanos ya tenían spa (sanita per aquis), fue una actividad muy importante, hasta el punto de que en 1816 se regularon por primera vez estos espacios y se creó un cuerpo de médicos de baños para atenderlos, del que formó parte Castelao.

Estas aguas sulfuradas y cloruradas sódicas tienen muchos usos medicinales, el agua de la Burga actúa sobre el cuerpo por ingestión, inhalación y por vía tópica, actuando tanto a nivel general como sobre el aparato respiratorio, el aparato digestivo, sobre a piel y sobre el cartílago ya que se caracterizan por su acción estimulante de diversas funciones orgánicas y metabólicas, siendo sus principales indicaciones terapéuticas, estas:

- Las enfermedades crónicas o agudas recidivantes de las vías respiratorias con hiposecreción, especialmente si se acompañan de infecciones frecuentes, pues es reparadora y regeneradora de la mucosa rinosinusal, faríngea y bronquial. Rinitis, poliposis, vegetaciones.

- Dermopatías crónicas no infecciosas, como el eczema, acné vulgar, psoriasis, dermatitis seborréica, ptiriasis, intértigo, dermatitis de contacto. Es emoliente y descamativa además de queratolítica y queratoplástica segundo la dosis.

- Enfermedades reumáticas crónicas y secuelas de afecciones quirúrgicas postraumáticas. Es regeneradora del cartílago articular.

- Afecciones hepáticas o entero-hepáticas. Descongestionante y detoxicante hepática (glucoronoconxugación)

- Antiinflamatoria, antianafiláxica y antipruriginosa

- Antialérgica y inmunoestimulante

- Hematopoyética, hipoglucemiante y hipocolesterolemiante

- Tiene además efecto antioxidante.

 

Historia de la Burga de Xermeade

La fuente, de un caño, vierte a un estanque circular de unos 3 m diámetro de piedra labrada, en el que pueden entrar a tomar el baño hasta 24 personas a la vez. No se sabe con certeza la época de su descubrimiento pero si que por lo menos hace más de dos siglos que sus aguas medicinales se utilizan y que según la tradición y la creencia de los vecinos del lugar, parece que esto es de tiempo inmemorial.

Cuentan los vecinos que un fraile, después de sanar con las aguas de la burga una pierna herida que los médicos de Compostela querían amputar, mandó construir la primera “bañera” para que todos los vecinos pudieran “tomar as aguas”.

En los años treinta una familia intentó privatizar la fuente pero los vecinos de Pontevea presentaron un pleito por la propiedad del manantial, aún así en los años cincuenta las autoridades permitieron la construcción de una pequeña casa de baños mientras el juzgado no emitía sentencia sobre la titularidad de las tierras, en Pontevea llegaron a funcionar hasta 5 casas de baños, lo que demuestra la importancia que tenía la Burga. Finalmente los vecinos ganaron el pleito y la casa de baños quedó en desuso, a día de hoy se encuentra en ruinas al lado de la bañera.

La Burga sufrió una agresión por causa de la instalación de la línea del oleoducto Vigo – A Coruña en el año 1993, pasa a escasamente 20 metros, cortó la veta del manantial que surtía de agua da fonte. Una vez más, las presiones de los vecinos tuvieron como resultado que se llevaran a cabo los trabajos precisos para a su restitución, aunque no llega a tener el caudal de antaño.

Actualmente y después del proceso de concentración de tierras en la parroquia de Reis el ayuntamiento queda con la titularidad de la Burga, desde el año 2010 está restaurada y sus alrededores acondicionados para uso público.

Sobre el río Ulla, al lado del acceso peatonal de la Burga se encuentra el puente medieval de Pontevea, que también merece una visita.

 

Pregunta 1.La predominancia del azufre en su composición le da su olor característico a ......

Pregunta 2.Sufrió una agresión por causa de ......

Pregunta 3. ¿Cuántas piedras forman el muro del círculo de la bañera?

Pregunta 4.En el cartel informativo que hay en el acceso peatonal dice que en un artículo de la Revista Médica el ilustre químico Antonio Casares mencionaba las sulfurosas aguas de la Burga, que se usan principalmente para beber. ¿Cual es el número y fecha de la publicación de la revista?

Si te es posible haz una foto sin revelar la respuesta a la 3ª pregunta.

 

Galego Castelán English Final de texto

 

The origin of sulphuretted Waters

Their origin is related to secondary deposits, which are first mineralized by dissolution and then by reduction when crossing the elements which cover the secondary ground, moving through a faults junction addressing N 20º E, N 60º E y N 165º E, and splitting a granitic mountain mass. This type of waters also contains bacterium and algae, which can only be found in an environment that is rich in sulphur.

These thermal waters are rich in sulphur and sodium chloride, they emerge with a constant volume at a temperature of 15ºC and that is the reason why they are considered cold miner medicinal waters.

These waters are very well known in Galicia because of their alkali content and pH value 9,9 due to silicate hydrolysis. Each 100 parts, 0.0346 are sodium sulphide, the amount of sulphur makes these waters smell of rotten eggs.

 

This kind of waters get altered easily in air contact, since their sulphuretted compound get precipitated, so they must be used next to the fountain or in a nearby place.

 

 

Medicinal value

Since ancient times this type of sulphuretted waters were the best known waters, as well as the thermal waters which were the favourite ones, especially to have a bath. Thermal waters have always been important in Galicia, it was an important issue, to the point that roman spas were regulated in 1816 and a group of doctors to look after the baths was created, Castelao was part of this group.

 

These waters rich in sulphur and sodium chloride have a great number of medicinal uses, the water from the fountain works in the body by consumption, inhalation and through the skin, it works not only at a general level but also in the respiratory system, digestive system, on the skin and the cartilage, as they are characterized by their stimulating action on different organic and metabolic functions. Their main therapeutic recommended uses are the ones that follow:

-  Chronic diseases concerning the respiratory system and the hiposecretion, especially if they are joined to frequent infections, as it is restorative and regenerative of the rinosinusal, pharyngeal and bronchial mucosa. Rhinitis, poliposis and adenoids.

-  Non- infectious chronic skin diseases, such as eczema, acne, psoriasis, dermatitis, ptiriasis, intertigo, contact dermatitis. It is emollient depending on the dose.

-  Chronic rheumatic diseases alter surgery effects. It regenerates the articular cartilage.

-  Hepatic diseases. It is decongestant.

-  It is anti-inflammatory.

-  It is antiallergenic and defences stimulating.

 

History of the Xermeade fountain

The fountain flows the water through a spout into a circular pond of 3m. in diameter made of carving stone, where 24 people can have a bath at the same time .It is not known the time it was discovered, but its medicinal waters have been used for more than at least two centuries and as it is said by villagers this is an ancient custom.

Villagers say that there was a fray, who after treating his leg with the medicinal waters when doctors from Compostela had told him that his leg should be cut off, asked to build the first bath so all the villagers could enjoy the medicinal waters.

It was in the 30s when a family tried to make the fountain a private place, but the neighbours from Pontevea took legal action against that family, even so in the 50s the authority allowed the building of a small baths house whereas the court didn´t pass sentence about the ownership of the land. There were 5 bath houses working in Pontevea, what shows the importance of the fountain.

In the end, the villagers won the lawsuit and the bath house fell into disuse, nowadays it is in ruins next to the main first bath.

The fountain suffered from an aggression due to the installation of the pipeline Vigo- A Coruña in 1993, which runs at barely 20 m., cutting the flow from the source. Once more the villagers pressure had as result that the necessary work was carried out in order to return the flow from the source so that the fountain could pour the waters again, though the volume was not the same anymore.

Nowadays, and after the lands concentrated in the parish of Reis, the Town Hall is the owner of the fountain, which has been restored in 2010 and the environment is in good condition for open enjoyment.

There is a medieval bridge over the Ulla River, next to the pedestrian area to reach the fountain, which is also worth visiting.

 

Questions

1.  You can answer this question by reading the text. The amount of sulphur in the composition of the medicinal waters gives a smell of…

2.  You can answer this question by reading the text. The flow of water suffered from an aggression due to…

3.  How many stones formed the wall of the circle in the bath?

4.  In the informative signboard, next to the pedestrian area to reach the fountain, says that in the journal article in a medical magazine the famous Chemist Antonio Casares mentioned the sulphuretted waters of the fountain, which are mainly used to drink. What is the number and the date of publication of the magazine?

 

If possible, you can take a picture without answering the third question.

 

 

Galego Castelán English Final de texto

 

Additional Hints (No hints available.)