Muiños da Freixa Traditional Cache
-
Difficulty:
-
-
Terrain:
-
Size:  (regular)
Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions
in our disclaimer.
O Concello de Poio conta na parroquia de San Xoán cunha ruta de muíños de auga na zona coñecida como A Freixa.
Ao comezo da ruta, aproximadamente a 100 m da desembocadura do río Cancela, atopámonos cun primeiro grupo de catro muíños, os denominados Muiños da Freixa. Este grupo está composto por tres “muíños irmáns” que toman o seu nome da súa situación: Muiño de Arriba, Muiño do Medio e Muiño de Abaixo, os tres situados na beira dereita do río. O grupo complétase co Muiño da Banda, denominado así por estar situado na outra “banda”, é dicir, na beira oposta.
Hai que destacar tamén a recuperación íntegra dun dos muíños desta zona. Trátase do denominado Muiño de Arriba, que pertence a un grupo de muíños na marxe dereita do río, e que foi totalmente rehabilitado, incluíndo os mecanismos de rotación e de trituración, así como as pezas e elementos complementarios. Este muíño estaría listo para a súa posta en funcionamento e con capacidade real para moler.Este muíño culmina nunha pequena fervenza de gran beleza.
En caso de dispor de tempo libre podemos completar a ruta de sendeirismo continuando río arriba,a medio camiño, aparece o Muiño da Bufa. Ten unha fermosa canle duns 40m de lonxitude cun carreiro enlousado que discorre paralelo ao mesmo.
Sen parar de ascender seguindo o curso do río Cancela, chegaremos a unha zona con árbores e desniveis máis pronunciados, onde destacan o Muiño da Gramalla e o Muiño da Casanova ou Casagrande.
A zona de aparcamento atópase aproximadamente a uns 400 metros do escondite do caché. Para chegar o caché teremos que pasar por diante do colexio e bordear o campo de fútbol ata chegar o inicio da ruta de sendeirismo. O pouco de iniciar a ruta atopamos os Muiños da Freixa. O lugar é de fácil acceso.
O caché consiste nun taper rectangular de tamaño mediano que inicialmente contén:
-libro de visitas, lápiz, sacapuntas (non intercambiables)
-barra de plastilina, canica china, pelota de goma, dado e langosta (para intercambio).
Espero que disfrutedes do lugar, prégase discreción e deixar ben agochado o caché.
Additional Hints
(Decrypt)
cbyn cnegr qr nonvkb qb zhvñb qr neevon. qrgeáf qhaunf crqenf.