Skip to content

As Pantallas de Xinzo Traditional Cache

Hidden : 1/27/2013
Difficulty:
3 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


As datas para o ano 2019: 10 de febreiro Domingo Fareleiro, 17 febreiro Domingo Oleiro, 24 febreiro Domingo Corredoiro, 3 de marzo Domingo de Entroido, luns e martes de Entroido son o 4 e 5 de marzo, o 10 de marzo é o Domingo de Piñata. A Pantalla espertará en Xinzo o domingo Corredoiro, localidade que vive o entroido máis longo de Galicia e de España, é un dos máis intensos de todo o mundo, agora Festa de de Interese Turístico Internacional, a primeira de Galicia. O Entroido de Xinzo hai que vivilo algunha vez e os entendidos din que hai que sentilo. A festa comeza un mes antes dos días grandes e terás cinco domingos para gozar da festa que conserva hoxe o calendario orixinal:

 

O domingo Fareleiro, no que a fariña convertese nunha arma que deixa brancos aos visitantes e as rúas da localidade.

 

Seis días despois, sae a procesión co meco. Cando comeza a escurecer desde o Barrio de Abaixo percórrese a rúa dos Viños ata a Praza Maior onde finalmente será colgado dun pao e onde permanecerá todo o Entroido.

 

O domingo Oleiro, ofrecerá de novo a estampa das olas de barro voando polas rúas nun concurso no que o que se lle rompa ten que invitar a unha ronda de viño.

 

A noite de mulleres, todo para elas. Dende xa fai bastantes anos as asociacións, grupos e pandillas de mulleres reúnense en restaurantes ou nos seus propios baixos celebrando divertidas ceas. Recordade que é unha noite fémina, se non eres muller non se che ocorra sair ou xa sabes o que che espera.

O domingo Corredoiro, no que por primeira vez as Pantallas toman as rúas. Un dos aspectos que fan especial este Entroido e diferente dos do resto da provincia é a enorme cantidade de máscaras tradicionais que se poden ver.

 

O domingo, luns e martes de Entroido os cidadáns serán os protagonistas. O espectáculo está na rúa onde se poden ver todo tipo de disfraces, no medio das Pantallas e bailando ao son das charangas e comparsas. A animación musical durará os dous días ata ben entrada a madrugada.

 

O mércores enterro da sardiña á noitiña darase o Sermón do entroido coa asistencia dos altos cargos municipais, posteriormente e con gran pena de todos os presentes queimarase a sardiña no centro da Praza.

 

E aínda queda o domingo de Piñata, será a última oportunidade de ver as máscaras e carrozas que nos fixeron rir ao longo dun mes de intensa festa.

 

A Pantalla

O Entroido de Xinzo ten como personaxe central a Pantalla. O seu vestido considérase incompleto sen as vexigas de vaca, que ha repoñer cada vez que se rompan. A máscara esta feita con cartón, xornais e feltro e pégase todo cunha mestura de fariña e auga. Da parte de atrás sae un corno cara arriba da cabeza que se decora con motivos astrais. A Pantalla viste calzón longo e camisa brancos. Nas pernas leva unhas polainas negras, zapatos negros e na cintura unha faixa encarnada. Polo lombo cae unha capa de seda encarnada ou negra con fitas de cores. No pescozo, un pano da cabeza de muller, atado na parte de atrás. A faixa axuda a amortecer o peso dun cinto de campaíñas e cascabeis moi pesado que fan soar canda as vexigas no seu baile típico.

As Pantallas vixían que os veciños saian á rúa disfrazados. O que vaia sen disfraz ten que invitar a unha ronda á cuadrilla de Pantallas e quen se resista será perseguido, reducido e levado á forza ata o bar máis próximo para pagar os viños e só o fan coas persoas que coñecen.

Diante das mulleres e forasteiros, as Pantallas danzan facendo soar as campaíñas do cinto, as vexigas ao batelas e brúan co seu son xordo característico.

 

O Entroido de Xinzo está considerado Festa de Interese Turístico Nacional.

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb Zntargvp

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)