Nos tempos onde a auga non abastecía ás casas, as mulleres e rapazada acudían á Fonte do Torno varias veces ao día cos caldeiros e os baldes na cabeza, pra recoller a auga tanto para o uso doméstico coma pra beber os animais. Ao ser un sitio moi concorrido, a propia xente facía dese sitio un punto de encontro diario. A pesares de estar formada por tres fontes, as persoas aínda tiñan que facer a espera do seu turno.