GALEGO: En Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muíño, presa, capela, un pazo moderno e a gran ponte, construída sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares de outra romana anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos. É paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existen numerosas lendas relacionadas coa tradición xacobea, como aquela que di que dende o norte viñan a todo correr os discípulos do Apóstolo Santiago, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron Ponte Maceira e ven como, de súpeto, ao facelo os romanos, a ponte vense abaixo e os perseguidos conseguen escapar grazas a esta intervención "divina".
CASTELLANO: En Ponte Maceira, entre los municipios de Ames y Negreira, está el conjunto monumental formado por el poblado primitivo, antiguo molino, presa, capilla, un pazo moderno y el gran puente, construido sobre el tambre en el século XIII, aprovechando los pilares de otro romano anterior. Consta de cinco arcos y dos más pequeños. Es paso obligado en el Camino Marítimo de Santiago uniendo la ciudad del Apostol Santiago con Fisterra. Existen numerosas leyendas relacionadas con la tradición jacobea como aquella que dice que desde el norte venían a todo correr los discípulos del Apostol Santiago, ya que no encontraban quien acogiese el cuerpo decapitado de su maestro. Detrás de ellos, los legionarios romanos trataban de darles caza. Los cristianos cruzaron Ponte Maceira y ven como, de pronto, al hacerlo los romanos, el puente se viene abajo y los perseguidos consiguen escapar gracias a esta intervención "divina".
http://gl.wikipedia.org/wiki/A_Ponte_Maceira,_Portor,_Negreira