Skip to content

Románico en Galicia; San Miguel de Breamo. Traditional Cache

Hidden : 12/21/2013
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Related Web Page

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


San Miguel de Breamo é unha pequena igrexa romanica perdida en un pequeno monte de Pontedeume, coñecemola por casualidade despois de ver un documental sobre este estilo artistico en Galicia que poñían na televisión dende aquela quedamos pasmados. Como non son quen de facer un comentario artistico perfecto esta é a reseña de Turgalicia

 

"Igrexa románica situada no monte co mesmo nome. Segundo a inscrición da fachada foi construída en 1187. Pertenceu a un convento de agustinos, que foi abandonado no século XVI. Na súa planta de cruz latina, trázanse dúas naves, unha principal e outra transversal, cubertas con bóvedas de canón e crucería. A cabeceira está formada por tres ábsidas semicirculares. No interior do edificio destacan os capiteis con figuración humana e animal (por exemplo, con escenas cotiás de caza). No exterior da construción destacan tres portas románicas. A fachada principal conta cunha porta de entrada enmarcada por dous contrafortes no medio dos cales se acha un rosetón. Dende as inmediacións da igrexa contémplanse amplas panorámicas da bisbarra natural da Mariña dous Condes e das praias de Perbes, Ber, Centroña..."

 

Pero despois de deixar agochado o cache descubrimos que contaba con unha lenda ben bonita...

 

"Contan que na noite de Nadal de 1187 once cabaleiros do Temple chegaron dende Terra Santa ata este rincón do golfo ártabro co obxeto de custodiar a igrexa de Breamo e facer penitencia. Á medianoite advertiron que o rosetón que coroaba a fachada occidental lucía doce puntas, en lugar das once coas que foi adornada, unha por cada un dos cabaleiros que custodiaba a igrexa. Estupefactos, descubriron que no interior da nave un bebe recén nacido, durmía prácidamente. As doce puntas do rosetón volveron a ser once ao amencer, xusto no momento que desaparecía ante os seus ollos o neno que pasara a noite durmindo no presbiterio. Di tamén a lenda que aquel que se achegue na Noiteboa ata San Miguel, poderá comprobar que o rosetón volve a ter doce puntas. Só ata a alba na que os primeiros raios de sol rompen a máxia de esa noite."

 

Esperemos que vos guste tanto como a nós!!!

 

caracochas.com

Additional Hints (Decrypt)

Ab zheb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)