O caché está ubicado por onde pasa o río da Chanca. Preto atopamos o Muiño da Birta un establecimiento típico de estas zonas. Os furanchos.
En dirección a este caché e polas súas cercanías atopamos varios hórreos galegos.
O hórreo galego é un tipo específico de hórreos de Galicia, unha construción para uso agrícola destinado a secado, cura e almacenamento de millo e outros grans antes de desgranarlos e molelos. Consta de unha cámara de almacenamento oblongo, estreita e permeable o paso do aire, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.
En Galicia coexisten tres tipos básicos de hórreos: o tipo galego (tamén chamado "Galego-Portugués"), o tipo asturiano e o hórreo de varas, menos elaborado e que comprende pequenos graneiros portátiles lixeiros, feitos a partir de materiais vexetais. No noroeste de Galicia e de Asturias é doado atopar hórreos de tipo galegos e tipo asturiano no mesmo lugar, pero con un nome diferente.
En 1973, un decreto de protección foi aprobado polo Estado español de todos os hórreos e cabazos antigos existentes en Galicia e Asturias, que intentaba resolver as consecuencias do abandono do modo de vida rural e a perda do uso dos hórreos. Algúns dos hórreos galegos son considerados monumento histórico-artístico como a reitoria de Santa Comba de Carnota, construído en 1768, é o grupo de hórreos de Combarro.
Nada máis que decir excepto que xa dispón de bolígrafo e deixar o caché tal e como estaba.
Sorte coa búsqueda.