SOUTO DE ROZAVALES
Este monumento natural, así declarado pola sua enorme beleza e valor paisaxístico, constitue unha mostra exemplar de souto, un dos elementos fundamentais do noso patrimonio cultural e natural. Os soutos son as plantacións formadas por castiñeiros (Castanea Sativa) de igual ou similar idade, habitualmente enxertadas sobre patrons bravos nacidos de sementes, con pugas de variedades de aptitude para froito, pois o castiñeiro silvestre raramente produce froitos de interese comercial. Explotados secularmente polos campesiños galegos para a obtención de castañas e madeira e na actualidade case restrinxidos ás provincias orientais (Ourense e Lugo).
Neste souto encontranse exemplares de castiñeiro de gran lonxevidade e extraordinaria beleza, auténticos monumentos vexetais, destacando como exemplar sobresainte pola súa singularidade o coñecido como Castiñeiro de Pumbairiños.
O castiñeiro de Pumbairiños é a arbore de maior perímetro de Galiza (13,85 m) e ten máis de 1000 anos. Está situado no Souto de Rozavales, lugar de Rozavales da parroquia de San Martiño de Manzaneda.
Foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galiza no ano 1995, ampliándose a declaración a todo o Souto de Rozavales no ano 2000. Ademais aparece no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.
BOLETUS EDULIS
Bull. ex Fr.
Sinonimos:
Boletus bulbosus Chaeff.
Tubiporus esculentus Paulet
Boletus solidus Sow.
Sombreiro: de 6 a 15 (20) cm de diametro. Carnoso e sólido, ó principio hemisférico, despois convexo, finalmente convexo-aplanado.
De cor pardo máis ou menos oscura, co borde do sombreiro netamente máis claro que o resto. Cuticula lisa, non aterciopelada, viscosa en tempo húmido.
Tubos e poros: Tubos ó principio branquecinos, despois amarelo-oliva, largos, libres, sinxelo de separar do sombreiro, non azulean. Os poros primeiro cerrados e finos, brancos ou branco-grisáceos, despois amarelos, finalmente verdosos.
Pé: Robusto, groso, cheo e sólido, ventrudo de xoven para tornarse cilíndrico cando medra. Cor branca ou marron claro, engalanado na sua parte superior por un retículo branco.
Carne: Branca, un pouco ferruxinosa baixo cutícula, firme, preta cando e xoven. despois blanda. O sabor suave recorda ó das avelás.
Comestibilidade: Excelente. E unha das setas máis apreciadas en todolos paises.
Habitat: durante o outono nos soutos de castiñeiros, nas carballeiras e nos piñeirais.
Microscopía: Esporas amarelo-olivaceas en masa, fusiformes, 14 - 18x4 - 5 micras.
Confusión posible: Co B. aereus, B. pinicola e B. reticulatus, todos eles excelentes comestibles.