CARBALLEIRA DE A LAXE


Fermosa formación de Carballos centenarios sita na parroquia de San Xurxo, no barrio de A Laxe. Forma parte dun recinto propiedade dos veciños de San Xurxo, pero a zona destinada a area recreativa ocupa arredor de 3300 m2, o núcleo de carballos tamén se estende cara ao río ocupando uns 5700 m2, sendo estes últimos privados.
A zona está destinada a area de lecer, dotado de mesas de pedra, asadeiros, columbios, e unha fonte feita man a man polos veciños de A Laxe, todo cercado por un balaústre de madeira. No interior se atopa o conxunto, que está formado por 21 Carballos centenarios de gran porte, pois o perímetro dos troncos é de 2,20 m de media e o que aparenta ser mais alto supera os 20 m. Entre estes monumentos podemos atopar un único Cerquiño ou Rebolo, posiblemente sexa o mais lonxevo de Salceda de Caselas. Os troncos centenarios destas árbores, todas elas de singular beleza, albergan toda clase de vida, destacando a presenza do escornabois ou vacaloura, a madeira morta dos carballos é de vital importancia para estes coleópteros. Tampouco é raro atopar nesta carballeira fungos micorricicos asociados as árbores como fungos do xénero Boletus, moi interesantes na micogastronomía ou os temidos Cortinarius orellanus Fr. e Amanita da morte, a pesar do perigo que supón a súa inxestión, estas asociacións son moi importantes para o equilibrio natural da carballeira. Tamén atopamos fungos encargados de reciclar os restos de materia orgánica do entorno, como as zarrotas ou o pé azul. Por suposto, nos troncos cavernosos e tortuosos destes carballos tan antigos, tamén aparecen fungos parasitos típicos de frondosas como o fígado de boi.
Como curiosidad neste recinto atopamos un platanero, bastante raro por estos lares.
