SOBREIRAS DA ASCENSIÓN



Na parroquia de Entenza, no barrio da Ascensión a 105metros de altitude atopamos unha capela bautizada co mesmo nome. Ao redor dela levántase una espectacular formación de sobreiras. O conxunto está formado por 5 árbores pero sen dúbida hai que destacar as dúas que se atopan no lado sureste da capela, non en van foi proposta para o catálogo de árbores senlleiras de Galicia pola A.C.D.E. Trezecatorze, de Salceda de Caselas.
O recinto está formado por un palco situado no noroeste, cun pequeno torreiro pavimentado na fronte; unha zona con asadeiros e mesas de pedra e a zona principal, que é a da Capela da Asunción rodeada polas sobreiras. A mais grande ten 7 metros de diámetro na base e seis a altura do peito, acada unha altitude de 14 metros e a copa é de aproximadamente oito metros de diámetro. A idade estimada destas árbores é de 400 anos. Ademais das sobreiras completa o catálogo arbóreo da zona un par de plátanos de sombra, unha acacia preta e unha vella cerdeira. Como valor natural engadido, e asociada as Sobreiras, frutifica un interesante fungo, a cicuta branca variedade decipiens, unha variedade ata o momento inédito en Galicia.
Ademais do valor ecolóxico destas árbores, dado o seu gran tamaño e espectacular porte, hai que destacar o seu valor histórico, pois posiblemente as sobreiras foran plantadas na época en que se construíu a capela ala polo 1604. Ademais hai datos que recollen que nesas terras estiveron asentadas as tropas españolas na guerra da independencia (1808-1814), comandadas polo Abade de Couto, Don Mauricio Troncoso de Lira, para arrebatarlle a praza de Tui aos franceses.
Caché camuflado con el entorno.