Skip to content

O Bosque de Galicia. Seguro? Traditional Cache

Hidden : 6/27/2016
Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano       


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 8 a 23h.


O Bosque de Galicia. Seguro?

O chamado Bosque de Galicia foi inaugurado o 2 de maio de 2016, custou preto de 900.000 de euros e de momento non é un bosque porque as 7.000 árbores plantadas aínda non teñen o porte necesario, nin será realmente un bosque polo xeito de forzar a natureza.

Non sei porque se lle puxo este nome pero cada vez que o escoito venme á cabeza o que está a acontecer realmente en Galicia coa política forestal do goberno galego, no ano 1998 segundo os datos Ministerio do Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño a superficie forestal de Galicia era de 2.039.574 Ha (Datos do IFN3) O 68% en mans privadas, o 30% de montes de man común e só o 2% de propiedade pública, fronte ao 72% de Navarra, 71% de Cantabria, 45% do País Vasco, o 44% de Asturias ou o 23% de Cataluña. Será este un dos motivos para que a paisaxe forestal destas comunidades non estea dominada polos eucaliptos? Será que ao estar en mans públicas atribúenlle un valor paisaxístico ao arboredo de xeito que se conserven os bosques autóctonos fronte a outros tipos de explotación forestal máis agresiva coa paisaxe tradicional? Con todo, Galicia é a terceira comunidade con maior superficie forestal respecto da superficie total, so tendo por diante o País Vasco e Cataluña, agora ben esta superficie está destinada maioritariamente á produción madereira non á conformación e conservación da paisaxe.

Como se distribúen por superficie as especies en Galicia?

Centrándonos nestes grupo: coníferas, eucaliptos, carballos e castiñeiros os datos do Informe Forestal Nacional do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (IFN4) referido ao ano 2009 indica que a superficie que ocupa cada unha é como segue:

Coníferas (3 especies) 346.193 Ha
Eucaliptais 287.983 Ha
Carballeiras 124.779 Ha
Soutos 46.455 Ha

Como se ve, a maior superficie corresponde aos piñeirais pero debemos ter en conta que son tres especies, o segundo lugar ocúpano os eucaliptais con un valor moi alto tratándose dunha única especie, carballeiras e souto quedan nos seguintes lugares, a simple vista parece que non é tan forte a implantación do eucalipto, que non despraza a outras especies autóctonas, sen embargo se nos fixamos en como era o bosque en Galicia e cal é agora xa apreciamos unha situación preocupante, que non sucede noutras comunidades cun valor paisaxístico apreciado. Os datos anteriores son do ano 2009 e na seguinte táboa imos comparalos cos do ano 1973 (IFN1)

  IFN1 1973 IFN4 2009
Coníferas (3 especies) 587.964 Ha 346.193 Ha
Eucaliptais 27.639 Ha 287.983 Ha
Carballeiras 48.648 Ha 124.779 Ha
Soutos 19.831 Ha 46.455 Ha

Á vista destes datos vemos que a superficie dos piñeirais reduciuse case á metade, as carballeiras e soutos aumentaron case ao dobre de hectáreas e os eucaliptais multiplicaron por 10 a superficie plantada e estamos vendo datos do ano 2009, xa van alá 6 anos e seguro que xa medrou considerablemente, outras fontes cifran en 396.000 Ha a superficie de eucaliptais, é dicir case 15 veces máis ca no ano 1973.

Se nos fixamos na superficie de eucaliptais por provincias:

  IFN1 1973 Aumentou IFN4 2009
A Coruña 15.371 Ha x 10,75 165.302 Ha
Lugo 4.086 Ha x 17,93 73.292 Ha
Pontevedra 8.182 Ha x   6,03 49.389 Ha

Ourense parece que ata o ano 2009 salvouse da invasión, algo que a día de hoxe xa non sucede e comezan a verse plantacións en áreas ocupadas antes por soutos e A Coruña está dominada polos eucaliptais no 85% da superficie de arboredo.

Estes datos fan pensar que na nosa comunidade esmorece o bosque tradicional porque non se considera produtivo, á continuidade das papeleiras que solicita especies produtivas temos que engadir o cambio da lei forestal que permite unha nova especie de eucalipto para cultivo, como se non fose suficiente coa situación actual ao respecto deste monocultivo invasor. Por estas razóns teño a sensación que enaltecer a intervención forestal no Gaiás co nome o Bosque de Galicia é simplemente unha tomadura de pelo, fagamos que Galicia sexa un bosque e non precisaremos un Bosque de Galicia.

E non son o único que ten unha opinión parecida:

Xabier Vázquez Pumariño. Biólogo ambiental      

Javier Guitián. Catedrático de Botánica da USC      

 

A visión oficial


O Bosque de Galicia levántase nas ladeiras do monte Gaiás con sete mil árbores de especies autóctonas (carballos, castiñeiros, salgueiros, bidueiros, ameneiros, espiños, serbais, loureiros…), un novo pulmón verde de 24 hectáreas que incrementa a biodiversidade da zona e mellora o metabolismo ambiental de Santiago, ao tempo que contribúe a integrar a Cidade da Cultura en Compostela, favorecendo que os visitantes se acheguen camiñando.

Unha rede de sendas peonís de tres quilómetros favorece o seu uso como lugar para o paseo, o contacto coa natureza e para todos os afeccionados ás actividades deportivas ao aire libre. A trama das sendas permite subir ao Gaiás elixindo itinerarios máis o menos suaves, ofrecendo alternativas para todos os visitantes. Un sistema de iluminación fotovoltaico de baixo consumo permitirá o uso destas sendas nas horas sen luz natural. Ademais, no cumio do monte, instalouse unha estación fotovoltaica que contribúe á recuperación desta enerxía. O sistema instalado ofrece unha iluminación suave e funcional, que evita a contaminación lumínica.

O Bosque conta con zonas de descanso e un fermoso mirador no alto onde descubrir unha das vistas máis descoñecidas de Santiago. Nel, un banco orientado cara ao oeste ofrece unha panorámica privilexiada para contemplar o solpor de Compostela.

Na plantación das árbores participaron decenas de cidadáns e escolares, nun xesto que simbolicamente busca evidenciar que o Bosque de Galicia é o bosque de todos os galegos. Este proxecto, que parte da idea orixinal de Eisenman Architects, é o resultado da colaboración de catro consellerías do Goberno galego: Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Medio Rural; Economía, Emprego e Industria e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e contou co asesoramento da dos técnicos da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega e de xeito particular da súa directora Isabel Aguirre, recoñecida paisaxista que ten aportado a Galicia traballos excepcionais, como o parque de San Domingos de Bonaval. A selección de especies e as tarefas de plantación foron levadas a cabo pola empresa pública de de Servizos Agrarios (SEAGA), coa participación dos membros de AMICOS, Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual. O trazado inicial das sendas corresponde a Perea+Euroestudios, o mobiliario e diversas solucións arquitectónicas, o deseño de iluminación, así como o trazado e solución final das sendas son de RVR arquitectos.

Galego        Castellano       


ATENCIÓN: Exclusivamente en horario de 8 a 23h.


El Bosque de Galicia. ¿Seguro?

El llamado Bosque de Galicia fue inaugurado el 2 de mayo de 2016, costó unos 900.000 euros y de momento no es un bosque porque los 7.000 árboles plantados aún no tienen el porte necesario, ni será realmente un bosque por la manera de forzar la naturaleza.

No sé porque se le puso este nombre pero cada vez que lo escucho recuerdo lo que está sucediendo realmente en Galicia con la política forestal del gobierno gallego, en el año 1998, según los datos Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, la superficie forestal de Galicia era de 2.039.574 Ha (Datos del IFN3). El 68% está en manos privadas, el 30% es monte comunitario y sólo el 2% de propiedad pública, frente al 72% de Navarra, 71% de Cantabria, 45% del País Vasco, el 44% de Asturias o el 23% de Cataluña. ¿Será este uno de los motivos para que el paisaje forestal de estas comunidades no esté dominada por los eucaliptos? ¿Será que al estar en manos públicas le atribuyen un valor paisajístico a la arbolada de suerte que se conserven los bosques autóctonos frente a otros tipos de explotación forestal más agresiva con el paisaje tradicional? Con todo, Galicia es la tercera comunidad con mayor superficie forestal respecto de la superficie total, solo teniendo por delante el País Vasco y Cataluña, ahora bien esta superficie está destinada mayoritariamente a la producción maderera no a la conformación y conservación del paisaje.

¿Cómo se distribuyen por superficie las especies en Galicia?

Centrándonos en los grupos de coníferas, eucaliptos, robles y castaños los datos del Informe Forestal Nacional del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (IFN4) referido al año 2009 indica que la superficie que ocupa cada una es cómo sigue.

Coníferas (3 especies) 346.193 Ha
Eucaliptales 287.983 Ha
Robledales 124.779 Ha
Castañares 46.455 Ha

Como se ve, la mayor superficie corresponde a los pinares pero debemos tener en cuenta que son tres especies, el segundo lugar lo ocupan los eucaliptales con un valor muy alto tratándose de una única especie, robledales y castañales quedan en los siguientes lugares, a simple vista parece que no es tan fuerte a implantación del eucalipto, que no desplaza las otras especies autóctonas, sin embargo si nos fijamos en como era el bosque en Galicia y como es ahora ya apreciamos una situación preocupante, que no sucede en otras comunidades con un valor paisajístico apreciado. Los datos anteriores son del año 2009 y en la siguiente tabla los vamos a comparar con los del año 1973 (IFN1)

  IFN1 1973 IFN4 2009
Coníferas (3 especies) 587.964 Ha 346.193 Ha
Eucaliptales 27.639 Ha 287.983 Ha
Robledales 48.648 Ha 124.779 Ha
Castañares 19.831 Ha 46.455 Ha

A la vista de estos datos vemos que la superficie de los pinares se redujo casi a la mitad, los robledales y castañares aumentaron casi al doble de hectáreas y los eucaliptales multiplicaron por 10 la superficie plantada y estamos viendo datos del año 2009, ya han pasado 6 años y seguro que ya creció considerablemente pues otras fuentes cifran en 396.000 Ha la superficie de eucaliptales, es decir casi 15 veces más que en el año 1973.

Si nos fijamos en los eucaliptales por provincias:

  IFN1 1973 Aumento IFN4 2009
A Coruña 15.371 Ha x 10,75 165.302 Ha
Lugo 4.086 Ha x 17,93 73.292 Ha
Pontevedra 8.182 Ha x   6,03 49.389 Ha

Ourense parece que en el año 2009 se salvó de la invasión, algo que a día de hoy ya no sucede y comienzan a verse plantaciones en áreas ocupadas por castañares y A Coruña está dominada por los eucaliptales en un 85% de la superficie de arbolado.

Estos datos hacen pensar que en nuestra comunidad languidece el bosque tradicional porque no se considera productivo, a la continuidad de la industria papelera que solicita especies productivas tenemos que añadir el cambio de la ley forestal que permite una nueva especie de eucalipto para cultivo, como si no fuese suficiente con la situación actual al respeto de este monocultivo invasor. Por estas razones tengo la sensación que enaltecer la intervención forestal en el Gaiás con el nombre el Bosque de Galicia es simplemente una tomadura de pelo, hagamos que Galicia sea un bosque y no necesitaremos un Bosque de Galicia.

Y no soy el único que tiene una opinión parecida:

Xabier Vázquez Pumariño. Biólogo ambiental      

Javier Guitián. Catedrático de Botánica de la USC      

 

La visión oficial


El Bosque de Galicia se alza en las laderas del monte Gaiás con siete mil árboles de especies autóctonas (robles, castaños, sauces, abedules, alisos, espiños, serbales, laureles…), un nuevo pulmón verde de 24 hectáreas que incrementa la biodiversidad de la zona y mejora el metabolismo ambiental de Santiago, al tiempo que contribuye a integrar la Cidade da Cultura en Compostela, favoreciendo que los visitantes se acerquen caminando.

Una red de sendas peatonales de 3 kilómetros favorece su uso como lugar para el paseo, el contacto con la naturaleza y para todos los aficionados a las actividades deportivas al aire libre. La trama de senderos permite, además, subir al Gaiás eligiendo itinerarios más o menos suaves, ofreciendo alternativas para todos los visitantes. Un sistema de iluminación fotovoltaico de bajo consumo permitirá el uso de estas sendas en las horas sin luz natural. Además, en la cima del monte, se instaló una estación fotovoltaica que contribuye a la recuperación de esta energía. El sistema instalado ofrece una iluminación suave y funcional, que evita la contaminación lumínica.

El Bosque de Galicia cuenta con zonas de descanso y un hermoso mirador en lo alto donde descubrir una de las vistas más desconocidas de Santiago. En él, un banco orientado hacia el oeste ofrece una panorámica privilegiada para contemplar los atardeceres de Compostela.

En la plantación de los árbores participaron decenas de ciudadanos y escolares, en un gesto que simbólicamente busca evidenciar que el Bosque de Galicia es el bosque de todos los gallegos. Este proyecto, que parte de la idea original de Eisenman Architects, es el resultado de la colaboración de cuatro consellerías del Gobierno gallego: Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Medio Rural; Economía, Emprego e Industria y Medio Ambiente e Ordenación do Territorio y contó con el asesoramiento de los técnicos de la Escola Galega da Paisaxe de la Fundación Juana de Vega y de forma particular de su directora Isabel Aguirre, reconocida paisajista que ha aportado a Galicia trabajos excepcionales, como el parque de San Domingos de Bonaval. La selección de especies y las tareas de plantación se llevaron a cabo por parte de la empresa pública de Servizos Agrarios (SEAGA), con la participación de los miembros de AMICOS, Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual. El trazado inicial de las sendas corresponde a Perea+Euroestudios, el mobiliario y diversas soluciones arquitectónicas, el diseño de iluminación, así como el trazado y solución final de las sendas son de RVR arquitectos.

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb Zntargvp

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)