Galego Castellano English (Not available)
O Chan da Mina
Esta é a localización dunha pequena explotación mineira de wolframio de mediados do s. XX. Aínda se poden observar os restos dos montículos con abundantes restos de seixo, resultado da extracción do mineral, os diques para embalsar a auga que discorre pola chaira e tamén se conservan os restos das construcións da actividade mineira. O wolframio levábase a porto cargado en cabalos, en tramos do carreiro de acceso aínda se ven os restos do camiño empedrado.
O wolframio galego
Nos anos do I Guerra Mundial o wolframio era usado para os filamentos das bombillas e para endurecer o aceiro. Sobre todo por esta última utilidade, o wolframio estaba xa converténdose nun mineral de carácter estratéxico, que os militares ingleses e alemáns intentaban ter o máis controlado posible. A minería galega do wolframio centrábase en dúas zonas: a de Lousame e a da liña Beariz-Fontao, aproveitadas por unha empresa inglesa. Houbo moitas explotacións deste mineral, como a mina de Varilongo en Santa Comba ou a de Casaio no concello de Carballeda de Valdeorras e tamén esta de Chan dá Mina.
Nas vésperas da II Guerra Mundial, a Alemania nazi, que non tiña no seu territorio minas de wolframio, buscou desesperadamente unha fonte para aprovisionarse deste mineral de importancia estratéxica. Fronte ás previsibles dificultades de fornezo desde A China ou Birmania en caso de guerra, tiña que atopalo en Europa, onde este mineral é escaso, xa que se dá practicamente só en Galicia, Portugal e na provincia de Cáceres.
Deste xeito, Hitler reclama ao goberno franquista, como cobro pola axuda militar e económica prestada durante a Guerra Civil, a autorización para organizar dúas empresas destinadas á explotación do wolframio en Galicia. Como as antigas de Beariz e Lousame xa estaban en explotación, os alemáns dirixíronse a dúas zonas que practicamente estaban sen explotar, o núcleo minero de Casaio e á comarca de Carballo. Para este último obxectivo, e sobre todo para a explotación das do Monte Neme, constituíron en Vigo unha empresa denominada "Estudos e Explotacións mineiras Santa Tegra".
O wolframio galego tiña para os alemáns unha importancia decisiva. Era practicamente a súa única fonte de fornezo, algo que os americanos e ingleses coñecían. Os alemáns necesitaban o wolframio galego para endurecer as blindaxes do seu armamento e os seus inimigos tiñan que evitar, custe o que custe, que isto ocorrese para así poder danar facilmente os seus Panzer. Galicia énchese así de axentes alemáns dispostos a conseguir o material a calquera prezo e de axentes aliados dispostos a evitalo. As minas pasan así a ter unha importancia estratéxica descoñecida ata aquela época. O prezo do mineral multiplícase por trinta.
O wolframio viuse como unha ocasión para saír da pobreza debido ao gran crecemento do seu prezo, pasou de custar 7.500 pesetas a tonelada antes da guerra a 235.000 pesetas por cada mil quilos. Non foron poucos os que viron negocio no mineral galego posto que o número de empresas dedicadas á extracción creceu de 6 a máis de 100 ao final da guerra. Os mineiros aproveitaban para botarse ao peto o que podían e gañar algo co estraperlo. A maior parte traballou legalmente, pero non por iso deixaba de aproveitarse da falta de control para roubar o mineral escondéndoo nos petos ou nas dobraduras dos pantalóns. Outros acudiron ás vetas que abandonaran os ingleses e seguían sen ser explotadas, e un terceiro grupo, formado por mulleres maioritariamente, realizaba a procura no chan. Esta actividade coñecíase co nome de "á roubacha".
Todo este diñeiro proveniente da Alemania nazi foi a orixe do Banco Pastor (actualmente filial de Banco Popular) e de FENOSA que se uniu a Unión Eléctrica Madrileña creando Unión Fenosa.
O final da Guerra Mundial significa o fin deste primeiro auxe minero, xa que os prezos caen pola oferta de mineral de países como A China ou Birmania e doutros novos como Bolivia. Un segundo auxe producirase nos primeiros anos 50 por causa da guerra de Corea, que tira dos prezos novamente á alza, xa que a guerra interrompe os suministros do Extremo Oriente.
Co final da guerra de Corea e a regularización dos suministros dos grandes productores, a minería galega do wolframio, perde importancia e empeza a súa decadencia.
Fonte documental: A REGUEIFA, Revista Cultural de Bergantiños, 1992, número 8
Máis información:
Documental: Lobos Sucios, as minas de wolfran en Casaio
Ficha de Filmaffinity da película Lobos Sucios (2015)
O ouro negro nazi - Mina de Varilongo - Santa Comba (Cuarto Milenio 16-11-2009)
Geocache GC67RQV: Varilongo de Koala_14
Galego Castellano English
O Chan da Mina
Esta es la localización de una pequeña explotación minera de wolframio de mediados del s. XX. Aún se pueden observar los restos los montículos con abundantes restos de cuarzo, resultado de la extracción del mineral, los diques para embalsar el agua que discurre por la vaguada y también se conservan los restos de las construcciones de la actividad minera. El wolframio se llevaba a puerto cargado en caballos, en tramos de la senda de acceso aún se aprecian los restos del camino empedrado.
El wolframio gallego
En los años de la I Guerra Mundial el wolframio era usado para los filamentos de las bombillas y para endurecer el acero. Sobre todo por esta última utilidad, el wolframio estaba ya convertiéndose en un mineral de carácter estratégico, que los militares ingleses y alemanes intentaban tener lo más controlado posible. La minería gallega del wolframio se centraba en dos zonas la de Lousame y la de la línea Beariz-Fontao, aprovechadas por una empresa inglesa. Hubo otras explotaciones de este mineral, como la mina de Varilongo en Santa Comba o la de Casaio en Carballeda de Valdeorras y también esta de Chan da Mina.
En las vísperas de la II Guerra Mundial, la Alemania nazi, que no tenía en su territorio minas de wolframio, buscó desesperadamente una fuente para aprovisionarse de este mineral de importancia estratégica. Frente a las previsibles dificultades de suministro desde China o Birmania en caso de guerra, tenía que encontrarlo en Europa, donde este mineral es escaso, ya que se da practicamente sólo en Galicia, Portugal y en la provincia de Cáceres.
De este modo, Hitler reclama al gobierno franquista, como cobro por la ayuda militar y económica prestada durante la Guerra Civil, autorización para organizar dos empresas destinadas a la explotación del wolframio en Galicia. Como las antiguas de Beariz y Lousame ya estaban en explotación, los alemanes se dirigieron a dos zonas que practicamente estaban sin explotar, el núcleo minero de Casaio y la comarca de Carballo. Para este último objetivo, y sobre todo para la explotación de las de Monte Neme, habían constituído en Vigo una empresa denominada "Estudios y Explotaciones mineras Santa Tecla".
El wolframio gallego tenía para los alemanes una importancia decisiva. Era practicamente su única fuente de suministro, algo que los americanos e ingleses conocían. Los alemanes necesitaban el wolframio gallego para endurecer los blindajes de su armamento y sus enemigos tenían que evitar a toda costa que esto ocurriese para así poder dañar facilmente sus Panzer. Galicia se llena así de agentes alemanes dispuestos a conseguir el material a cualquier precio y de agentes aliados dispuestos a evitarlo. Las minas pasan así a tener una importancia estratégica desconocida hasta aquella época. El precio del mineral se multiplica por cien.
El wolframio se vio como una ocasión para salir de la pobreza debido al gran crecimiento de su precio, pasó de costar 7.500 pesetas la tonelada antes de la guerra a 235.000 pesetas por cada mil kilos. No fueron pocos los que vieron negocio en el mineral gallego puesto que el número de empresas dedicadas a la extracción creció de 6 a más de 100 al final de la guerra. Los mineros aprovechaban para echarse al bolsillo lo que podían y ganar algo con el estraperlo. La mayor parte trabajó legalmente, pero no por eso dejaba de aprovecharse de la falta de control para robar el mineral escondiéndolo en los bolsillos o los dobladillos de los pantalones. Otros acudieron a las vetas que habían abandonado los ingleses y seguían sin ser explotadas, y un tercer grupo, formado por mujeres mayoritariamente, realizaba la búsqueda en el suelo. Esta actividad se conocía con el nombre de ‘á roubacha’.
Todo este dinero proveniente de la Alemania nazi fue el origen del Banco Pastor (actualmente filial de Banco Popular) y de FENOSA que se unió a Unión Eléctrica Madrileña creando Unión Fenosa.
El final de la Guerra Mundial significa el fin de este primer auge minero, ya que los precios caen por la oferta de mineral de países como China o Birmania y de otros nuevos como Bolivia. Un segundo auge se producirá en los primeros años 50 por causa de la guerra de Corea, que tira de los precios nuevamente al alza, ya que la guerra interrumpe los suministros del Extremo Oriente.
Con el fin de la guerra de Corea y la regularización de los suministros de los grandes productores, la minería gallega del wolframio, pierde importancia y empieza su decadencia.
Fuente documental: A REGUEIFA, Revista Cultural de Bergantiños, 1992, número 8
Máis información:
Documental: Lobos Sucios, las minas de wolfran en Casaio
Ficha de Filmaffinity de la película Lobos Sucios (2015)
El oro negro nazi - Mina de Varilongo - Santa Comba (Cuarto Milenio 16-11-2009)
Geocache GC67RQV: Varilongo de Koala_14
Galego Castellano English
I'm sorry, it's not available.