Skip to content

Laxe, porto e praia desde a Atalaia Traditional Cache

Hidden : 1/13/2017
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano        English (Not available)


O Concello de Laxe, situado no noroeste de Galicia, forma parte xunto con outros municipios da famosa Costa da Morte. Laxe, na actualidade, está adscrito á comarca de Bergantiños localizándose no extremo occidental da mesma. É un dos municipios máis pequenos en extensión de toda a provincia da Coruña, pois só abarca un total de 34,1 Km2 repartidos entre a capital, Laxe, e as parroquias de Serantes, Soesto, Nande, Sarces e Traba.

Historia

Ata principios do S. XIX Laxe atopouse ligada, xunto coas terras de Camariñas e boa parte das de Zas e Muxía, á xurisdicción de Vimianzo, dentro da antiga provincia de Santiago de Compostela.

Desaparecida a orde militar e relixiosa templaria, o rei Enrique II cede estas terras a estirpe dos Mariño. O 15 de setembro de 1425 don Fadrique, duque de Arjona e conde de Trastámara, novo propietario das terras, dállas en dote a súa curmá dona Xoana de Castro para casar con don Rodrigo de Moscoso. Laxe pasa así a pertencer á dinastía dos Moscoso.

No S. XIX Galicia dividíase nas catro provincias que ten actualmente, quedando Laxe adscrita a nova provincia da Coruña. Posteriormente Laxe pasa a formar parte do partido xudicial de Carballo, en terras Bergantiñanas, o que supuxo a súa independencia da Casa Moscoso.

Igrexa de Santa María da Atalaia

Dentro do núcleo urbano, nun alto sobre o mesmo peirao, atopamos a xoia da Vila, a Igrexa de Santa María da Atalaia, asentada sobre un amplo atrio formado por altos muros de pedra sobre os que se asentaba no pasado uns canóns defensivos. A igrexa e o seu atrio funcionou como atalaia de vixiancia e defensa contra a entrada ó porto de calquera barco ou flota sospeitosa.

De finais do século XV, esta igrexa foi ampliada, xa que nun principio só posuia a capela maior realizada no primeiro tercio do século XIII, por Dona Urraca de Moscoso por expreso desexo da súa nai Dona Juana de Castro e Lara, engadíndolle a dita capela unha nave rectangular e anos máis tarde unha torre campanario.

Coa orientación tradicional dos templos romanos, cabecera cara o este e pórtico cara o oeste e de estilo gótico mariñeiro na súa maior parte, esta igrexa presenta un corpo composto por sinxelos muros e unha interesante decoración externa.

Na fachada principal ou pórtico atopamos a porta de entrada á igrexa, oxival e de estilo gótico con arquivoltas ou molduras dóricas. No muro sur e entre dous contrafortes ábrese unha porta rematada en arco apuntado sobre a que descansa unha imaxe gótica de pedra da virxe realizada a finais do século XV. Un pouco máis adiante levántase a escaleira pétrea de acceso á torre campanario (século XVI) con tres relieves góticos na súa balaustre realizados na segunda metade do XV. O relieve inferior amósanos á Virxe Santa Ana e o neno, o central representa a un Fraile Franciscano, e o superior a un Anxo. No muro norte e tamén entre os outros dous contrafortes da nave ábrese unha terceira porta adintelada por un relevo da resurrección, probablemente de principios do século XVI.

Fonte documental:   Concello de Laxe         

Galego        Castellano        English


El Ayuntamiento de Laxe, situado en el noroeste de Galicia, forma parte junto con otros municipios de la famosa “Costa da Morte”. Laxe, en la actualidad, está adscrito a la comarca de Bergantiños localizándose en el extremo occidental de la misma. Es uno de los municipios más pequeños en extensión de toda la provincia de A Coruña, pues sólo abarca un total de 34,1 Km2 repartidos entre la capital, Laxe, y las parroquias de Serantes, Soesto, Nande, Sarces y Traba.

Historia

Hasta principios del S. XIX, Laxe se encontró ligada, junto con las tierras de Camariñas y buena parte de las de Zas y Muxía, a la jurisdicción de Vimianzo, dentro de la antigua provincia de Santiago de Compostela.

Desaparecida la orden militar y religiosa templaria, el rey Enrique II cede estas tierras a la estirpe de los Mariño. El 15 de septiembre de 1425 don Fadrique, duque de Arjona y conde de Trastámara, nuevo propietario de las tierras, se las da en dote a su prima doña Juana de Castro para casarse con don Rodrigo de Moscoso. Laxe pasa así a pertenecer a la dinastía de los Moscoso.

En el S. XIX, Galicia se dividía en las cuatro provincias que tiene actualmente, quedando Laxe adscrita a la nueva provincia de A Coruña. Posteriormente, pasó a formar parte del partido judicial de Carballo, situado en tierras bergantiñanas, lo que supuso su independencia de la Casa de los Moscoso.

Iglesia de Santa María da Atalaia

Dentro del núcleo urbano, en un alto sobre el mismo puerto, encontramos la joya de la Villa, la Iglesia de Santa María de la Atalaya, asentada sobre un amplio atrio formado por altos muros de piedra sobre los que se asentaba en el pasado unos cañones defensivos. La iglesia y su atrio funcionaron como atalaya de vigilancia y defensa contra la entrada al puerto de cualquier barco o flota sospechosa.

De finales del siglo XV, esta iglesia fue ampliada, ya que en un principio solo poseía la capilla mayor realizada en el primer tercio del siglo XIII, por Doña Urraca de Moscoso por expreso deseo de su madre Doña Juana de Castro y Lara, añadiéndole a dicha capilla una nave rectangular y años más tarde una torre campanario.

Con la orientación tradicional de los templos romanos, cabecera hacia el este y pórtico hacia el oeste y de estilo gótico marinero en su mayor parte, esta iglesia presenta un cuerpo compuesto por sencillo muros y una interesante decoración externa.

En la fachada principal o pórtico encontramos la puerta de entrada a la iglesia, ojival y de estilo gótico con arquivoltas o molduras dóricas. En el muro sur y entre dos contrafuertes se abre una puerta rematada en arco apuntado sobre la que descansa una imagen gótica de piedra de la virgen realizada a finales del siglo XV. Un poco más adelante se levanta la escalera pétrea de acceso a la torre campanario (siglo XVI) con tres relieves góticos en su balaustre realizados en la segunda mitad del XV. EL relieve inferior nos muestra a la Virgen Santa Ana e al niño, el central representa a un Fraile Franciscano, y el superior a un Ángel. En el muro norte y también entre los otros dos contrafuertes de la nave se abre una tercera puerta dintelada por un relieve de la resurrección, probablemente de principios del siglo XVI.

Fuente documental:   Concello de Laxe         

Galego        Castellano        English


I'm sorry, it's not available.

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)