Skip to content

Cova do lobo Traditional Cache

Hidden : 8/4/2017
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Related Web Page

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:

San Benito de Cova do lobo


Na parroquia de Piñor atópase o santuario de San Benito da Cova do Lobo do que Curros Enríquez fala no seu poema “Tangaraños” A xente, movida pola devoción, acode á romaría que se celebra todos os 11 de xullo para curar varios males, entre eles os maís destacados son as espullas ou verrugas e o raquitismo, xa que a uns centos de metros atopase o milagreiro penedo do Tarangaño ou penedo Vigón. A ermida é unha sinxela construción que posúe un pórtico na fachada principal, sobre el unha terraza balconada a que se accede por unha porta dende o interior. Baixo esa cuberta está a porta de entrada alintelada, con dous ocos rectangulares nos laterais. Sobre a terraza anteriormente descrita, xa no muro principal atopamos pequena ventá rectangular e sobre ela fornela ca imaxe do Santo Bieito, que da paso a cornixa moldurana. Nos laterais esa moldura é curva, dando paso a cuberta da nave a dúas augas, tendo como remate nas esquinas pináculos. No centro a moldura e plana, sobre a que se asenta a pequena espadana de dous arcos con sendas campás, na cima de remate cruz de pedra central con pináculos con bolas nos laterais. Planta rectangular, presbiterio mais elevado que o resto, tendo cuberta a catro augas e remates con pináculos nas catro esquinas. Pola parte traseira do presbiterio ten a sancristía con planta rectangular, que sobresae polo lado norte, ten cuberta a dúas augas, e varios ocos nos muros ademais de porta de entrada dende o exterior. A edificación actual é do século XX, pero a tradición da capela ven dende a idade media. No contorno, no que destaca a paisaxe pola vexetación e as formacións rochosas, hai unha gran cruz nun outeiro ademais de un pequeno cruceiro enfronte da capela. Sobre a romaría a este pequeno santuario, moi coñecido pola contorna, circulan varias pequenas estrofas no boca en boca, como os seguintes, por outro lado moi semellantes a de outros lugares: San Benitiño da Cova do lobo, hei de ir alá, miña nai,si non morro, hei de levar unha bota de viño e unha bola de pan para o camiño. San Benitiño de Cova de Lobo ei de ir alá, miña nai, se non morro ei de levar unha bota de viño pa convidar o San Benitiño Posúe este lugar un innegable carácter histórico, outorgado polos diversos avatares acontecidos coa súa ermida, así como pola proximidade dos restos arqueolóxicos da Piteira, O Castro, Louredo e o poboado altomedieval, ó que se lle confire unha orixe visigótica. Tamén cabe a posibilidade de que esta orixe se atope no século XII cando os beneditinos constrúen igrexas e mosteiros en diferentes puntos illados; ou quizais estea nalgún anacoreta que elixise este lugar para apartarse do mundo. Con todo, é con seguridade, o resultado da cristianización dalgún antigo lugar no que se levaban a cabo cultos litolátricos. En Galicia, son moitos os montes que teñen no seu cume unha ermida, símbolo da cristianización dalgún culto pagán. No concello de Barbadás, poida que sexan significativos exemplos diso, as capelas da Santa e san Bieito, en Piñor; así como a de san Roque, en Sobrado. O carácter mítico de Cova do Lobo vén dado pola situación nesta paraxe do célebre Penedo Tangaraño ou Vigón e acrecentado ó longo dos séculos pola formación dunha encrucillada de camiños e carreiros, a presenza misteriosa da ermida, a fonte santa, varios cruceiros e as numerosas lendas que seica acontecen fisicamente neste lugar. A capela, ata o século XV,forma parte dunha casa particular, pasando logo a pertencer á igrexa parroquial de Piñor. A ermida foi saqueada en diversas ocasións. O Tangaraño, seixo de grandes dimensións, case esférico, ostenta contrastada fama de curar enfermidades estrañas, coma o raquitismo, meigallo, tumores, verrugas e outros males da pel. Trátase dunha impoñente roca, colocada sobre outras tres, quedando entre elas un pasadizo estreito, formando un claro exemplo de pedra furada con poderes sanadores. O prodixio máis espectacular que se leva a cabo no Tangaraño é o de curar enganidos ou entangarañados. Información: www.ourensesiglo21.es Caché pequeno qu epermite intercambio. Arranca con logbook, soldadiño, cocheciño, bonequiño e tirita. Levade material de ecritura!

Additional Hints (Decrypt)

Cbqrf rfpnyne.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)