
O Arnado en Allariz.
A principal e mais fermosa zona de paseo de Allariz.
Nela pódese admirar a Ponte Románica (que non romana) de Allariz e a fábrica de curtidos reconvertida a restaurante.

Temos tamén nas inmediacións as piscinas climatizadas e o parque de xogos.
É posible facer rutas de varios quilómetros por ambas veiras do Arnoia río arriba e abaixo. O camiño é practicable río arriba con moita facilidade ata o Ecoespacio do Rexo onde atoparedes outro caché nun lugar fantástico.

Río abaixo hai un fermoso paseo ata o Muiño do Briñal onde tamén poderedes buscar e atopar outro caché, pasando polo Festival Internacional de Xardíns de Allariz, o Camping "Os Invernadoiros" e disfrutando das vistas e da tranquilidade do entorno.
No Arnado hai unha ampla zona de aparcamento á que se pode acceder dende a estrada Nacional 525 por varios lugares.

Si desexas visitar Allariz é unha boa opción deixar aqui o coche e subir ata o pobo dando un paseo (non mais de 5 minutos ata o centro)
Moitas gracias por visitalo meu pobo.
O caché atópase atopado entre unhas pedras. Por favor: sé discreto.