Skip to content

Camiños da Santa Compaña Traditional Cache

Hidden : 4/28/2018
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Dicen que por estes camiños transcorre a Santa Compaña.
 
    A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno. A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucas pegadas anteriores, está rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raigame diferente, integrada máis ou menos ao cristianismo. Recollendo isto por exemplo Martín Sarmiento despois da súa viaxe a Galicia como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo, nos séculos seguintes, atópase en dicionarios, almanaques e na literatura, con máis ou menos consideración da súa función na cultura tradicional galega. Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético. Está tamén estudada dende finais do século XX coma un elemento da antropoloxía cultural galega. Na súa función de mito, a disgregación da crenza ilustra a desestruturación e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas.
Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural



    A vixencia diste mito de relación dos vivos e dos mortos na sociedade galega recoñécese polos testemuños de fontes escritas ao longo da historia e polas hipóteses de estudos. Pódese ver que é vixente por diversos documentos da Inquisición do século XVI e comezos do XVII, mencionando xa a crenza, en Galicia, de ánimas errantes que non foron nin ao paraíso, nin ao inferno, nin ao purgatorio. Martín Sarmiento, despois da súa viaxe por Galicia, anota que a estantiga é un dos seus nomes particulares pola zona de Ourense. El fora testemuña do mito, xa antigo naqueles tempos, de que xa existía polo menos no século XVII. Deste modo, dálle o significado de ser un fenómeno vinculado á mitoloxía europea, é dicir, máis que da procesión de ánimas da tradición cristiá. Tamén sabemos de Xoán Cuveiro Piñol que a crenza para el se aproxima ao "sluagh" e á "cazaría salvaxe" vencellándoa ao tronco indoeuropeo.
Por outra banda, o antropólogo Carmelo Lisón Tolosana publicou unha investigación etnográfica sobre a Santa Compaña, onde di que esta crenza, aínda viva no século XX en Galicia, está vencellada a un mito xermánico, a cazaría salvaxe, que difundiron as invasións destes pobos durante a Alta Idade Media co nome de estandiga ao longo de toda a Hispania. O mito axiña sería cristianizado. Porén, hai outras fontes que apuntan a unha posible orixe celta. A lenda da cazaría salvaxe e as crenzas das culturas célticas van polo tronco dunha crenza antiga, o que supón que se trata de maxia na súa función de acceder ao coñecemento. A herdanza da Santa Compaña dos mitos xermánicos, bastante compartida polos intelectuais, non convenceu a Vicente Risco, quen supón que o aspecto máxico da Compaña é só unha manifestación de relixiosidade fóra das normas e regras da relixión vixente. Nos elementos da descrición atópase por unha banda o mundo da realidade, os lugares da parroquia, xente do pobo viva ou morta, e por outra banda referentes do imaxinario colectivo de códigos e símbolos culturais que vinculan a visión a conceptos.



   Non existe ningunha descrición consensuada sobre o que é a procesión. Cada testemuña da crenza, e o número é moi importante, pode case por si ter unha descrición diferente. De todos os xeitos, o fenómeno, descrito por aquel que o viu ou comunicado por outros, é sempre unha realización singular. Non obstante, convén reter as posibilidades do tipo de comitiva. A comitiva pode ser semellante á da cazaría salvaxe (Wild Hunt) dirixida por Odín (ou un dos seus substitutos) ou unha das variantes do mundo imaxinario e simbolico da idade media como a Mesnie Hellequin en Francia onde o que é destacable é a brutalidade. A comitiva pode referirse á hoste antiga das ánimas en procesión. Sen esquecer que pode tamén ser unha derivación de procesión de meigas. Máis alá da multitude das descricións individuais, convén distinguir elementos sobre varios rexistros. Hai aquel que ve a Santa Compaña e hai aqueles que se poden chamar os "crentes", que cren na súa existencia ou que a dubidan vivindo no ámbito da súa crenza. No relato, hai elementos da vida material que cada un pode recoñecer como unha realidade da súa vida cotiá (os lugares da parroquia, a igrexa, as casas, a fonte etc.), elementos que teñen unha realidade mental (as ánimas, os defuntos etc.) así como elementos ficticios que só serven de decoración (o ambiente nocturno, as luces opacas, os murmurios inintelixibles, os corpos brancos e pálidos etc.). Dentro dos elementos que teñen realidade mental pódense distinguir en aquelas ánimas da procesion que son de xente coñecida, vivos ou mortos, daqueles que son figuras sen relación cos veciños. A Santa Compaña vai precedida por un vivo portando unha cruz... A procesión adoita ir encabezada pola persoa viva que porta entre as súas mans unha cruz e mais un caldeiro con auga bendita; tras el, varias ánimas con cirios acesos, non sempre visíbeis, sígueno. A súa presenza faise notoria no cheiro a cera queimada e no vento que se ergue ao seu paso. ... seguido polas ánimas que levan cirios acesos que, ás veces, son ósos A persoa viva que precede esta procesión pode tratarse tanto dun home como dunha muller, dependendo de se o patrón da parroquia é santo ou santa. Ademais, o portador da cruz non pode en ningún momento volve-la cabeza nin renunciar aos seus cargos precedendo á Santa Compaña. Só será ceibado cando atope a outra persoa polo camiño a quen lle entregar a cruz e mailo caldeiro, momento no que estoutro pasará a substituílo. Para zafarse desta obriga de substitución, a persoa que vexa pasar á Santa Compaña debe trazar un circo no chan e deitarse boca abaixo sen mirarlle á cara a ningún espírito. Mentres tanto, a persoa que leva a cruz e o balde vólvese máis branco e vai aldelgazando a cada paso que dá, ata que consegue darlle o caldeiro a outro. O que si é comunmente aceptado é que a Compaña bota medo, xa que é considerada como sinal de morte. Pode ser porque a Compaña visita todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento. Pode ser porque a Compaña necesita dun vivo que leve a cruz e anda ás portas pedindo compañía. Cuveiro Piñol, no seu Diccionario Gallego (1876), escribe: Compaña: entre o vulgo, creída hoste ou procesión de bruxas que andan de noite alumeadas con ósos de mortos, chamando ás portas para que as acompañen, aos que desexan que morran axiña... Xoán Cuveiro Piñol Pode ser porque as ánimas da Compaña poden maltratar a xente que atopan polos camiños e ata poden ir molestar á xente na súa casa. Malia que na maioría das historias a Santa Compaña realiza a súas aparicións de noite, hai tamén casos citados nos que se fala de saídas diúrnas. A frecuencia pode ser de todas as noitas á mesma hora como non. Cada visión é unha recreación e en cada localidade vai evolucionar segundo as necesidades socio-culturaís do grupo onde está vixente. Lisón Tolosona, con datos dos anos 1960 recolle 124 casos onde o motivo da procesión é para anunciar morte, 32 casos para facer penitencia e 31 casos para castigar. Os nomes para chamar a procesión están relacionados co motivo da súa existencia.

      Existen varios remedios para liberarse dela.
1) Abri-los brazos en cruz e pronuncia-lo nome de Xesús Cristo no momento de endosa-la cruz e/ou responder "Cruz teño".
2) Leva-las mans ocupadas con algo, como por exemplo un pau ou unha pedra.
3) Deitarse no chan boca abaixo. O desafortunado liberarase da cruz, pero se cadra o Acompañamento pasa por riba del e o esmaga. 4)Trazar cunha cruz un círculo no chan (ou o risco de Salomón).
5) Levar consigo unha vacaloura e dentes de allo.
6) Afastarse do camiño polo que vai se se ve vir de lonxe.


Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Santa_Compa%C3%B1a

Caché parte con:
-Logbook (con certificado FTF)
-lápiz
-bonequiño
-cocheciño

Additional Hints (Decrypt)

Nsáfgngr qb pnzvñb qn Fnagn Pbzcnñn.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)