Unha vista de Ourense dende aquí
un mirador dende unha das parroquias do concello de Barbadás
Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes[3](10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barbadés ou barbalatense Este municipio está gozando dun crecemento demográfico acelerado por encontrarse dentro da área da influencia da capital. Parroquias: Barbadás (San Xoán) Bentraces (San Xoán) Loiro (San Martiño) Piñor (San Lourenzo) Sobrado do Bispo (Santa María) A Valenzá (San Bernabeu)