Skip to content

Camiño Inglés: Muiño de mareas das aceas Traditional Cache

Hidden : 6/11/2018
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Muíño de Mareas das Aceas

Traducción automática al Castellano                       Machine traslation into English

Uns metros máis adiante, despois de pasar o túnel, atópase seguramente unha das fábricas de fariñas máis importantes que funcionaba en Galicia no século XIX. Foi construído a finais do século XVIII (1785) polo empresario francés Santiago Beajardin nun tempo no que medraba enormemente a poboación da cidade de Ferrol. Tivo o seu gran momento no século XIX coincidindo coa guerra de Crimea. Entón recibía por mar trigo de puntos tan dispares como América ou Ucraína para ser moído nas súas moas. Os barcos de pequeno calado tiñan acceso ao muíño para cargar e descargar directamente.

Este muíño é unha obra complexa e con varias edificacións, xunto a unha horta cercada por un alto muro. Consta de casa vivenda con tres pisos e o propio muíño.

Para que o muíño funcionase tiña unha presa onde se represaba a auga do mar cando subía a marea e, ao baixar esta, permitía accionar os rodicios que movían as pedras.

A presa tiña un potente muro de contención que sirve agora como camiño; nela están as comportas polas que entra e sae a auga. Esta presa está considerada a maior deste tipo de muíños en Galicia. Tamén se di que nesta zona había unhas saíñas de época romana e unhas pesqueiras. Carlos IV concedeulle o título de Reais Fábricas, o que lle permitía, entre outros beneficios, o libre comercio con América.

Fonte: http://caminoingles.mobi/QR/CAMING06

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb // Zntaégvpb // Zntargvp

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)