
Traducción automática al castellano Machine translation into English
Batería de Prioriño Chico
NOTA: Actualmente as escaleiras están cortadas debido ao seu mal estado pero pódese acceder ao caché por un carreiro que hai ao lado das mesmas. Por se non vos atrevedes a baixar, deixamos un contenedor alternativo magnético, pero non podedes ver a parte baixa da batería co seu forno de bala vermella.
Construíuse en 1799 e constaba dunha fronte de mar e unhas dependencias para a tropa e equipamento. A súa situación no cantil costeiro, implicou profundas transformacións no mesmo, con desmontes e recheos para adecuar a superficie na que se instalarían as pezas de artillería. Caeu en desuso a principios do século XIX, e a mediados deste século os cuartelillos estaban en ruínas.
Os restos sufriron varias alteracións desde o seu abandono: o aproveitamento da pedra para a construción do faro, a posterior construción da estación de radar sobre os cuartelillos e unhas dependencias na fronte de mar, degradaron parcialmente os vestixios. De todas maneiras, coa escavación arqueolóxica puido documentarse, se non a totalidade, si a maior parte dos seus elementos, algúns dos cales aínda se conservan baixo a actual estación de radar. A actuación arqueolóxica e a posta en valor consistiu na limpeza e recolocación dos elementos existentes.
Pódense ver elementos tan chamativos como o forno de bala vermella, onde se quentaba a munición dos canóns para que, ademáis do impacto, se conseguise tamén o incendio do navío inimigo.
A diferenza de cota entre os cuartelillos e a fronte de mar salvouse por medio dunha rampa que permitía o traslado de pertrechos e pezas de artillería. Esta rampa, ao igual que o resto da batería, implicou unha importante obra de enxeñaría, como se aprecia na caixa escavada no substrato.
Fonte: paneis informativos
Faro de Prioriño Chico
A entrada á Ría de Ferrol é estreita, sinuosa e complicada. A estrechez no seu tramo inicial, o seu calado e superficie e a construción do estaleiro fixeron desta ría un lugar estratéxico entre os séculos XV e XIX. Hoxe hai restos históricos deste importante pasado na historia de España. Pero tamén hai instalacións en funcionamento, como os propios estaleiros ou o faro que ilumina a entrada da Ría de Ferrol. Hoxe achegámonos ao faro de Cabo Prioriño, o primeiro guardián da ría.
O faro do cabo Prioriño foi construído en 1854. A súa altura sobre o nivel do mar é de case 30 metros e ten un alcance de 23 millas náuticas. Está formado por unha torre de cantería octogonal duns 5 metros de altura que coloca a lanterna a unha altura aproximada de 35 metros sobre o mar.
A tapa da lanterna está feita de metal e coroada por unha rosa dos ventos. A parte superior da torre consta dun corredor protexido por unha varanda metálica. Esta torre está incrustada nunha base rectangular de dous andares, equipada cunha terraza no alto da lanterna..
Fonte: http://aquemarropa.es/faro-cabo-priorino.html

O caché está á vista na rocha detrás do forno da bala vermella, por favor, procurade deixalo ben colocado como está.