|
Alá polo ano 1963 nace o grupo escolar Virxe do Carme, a cargo do mestre Félix Dávila e a mestra Mª Ruth Salgado, os nenos atendidos polo primeiro e as nenas pola segunda.
Nas súas orixes foi concebido como un colexio de patronato dependente do Ministerio de Defensa, e vinculado directamente á Escola Naval de Marín. Polo que a súa matrícula ía dirixida casa exclusivamente a familias relacionadas con esta institución.
Non foi ata os 70 en que se transformou nunha escola de Educación Infantil con nenos e nenas de tres a seis anos. Neste momento contaba con dúas unidades, pero no curso 97/98 pasou a ter tres unidades, unha por cada idade.
No ano 2000 cambiou ó seu nome por "Nosa Sra. do Carme", sendo así transferidas tódalas súas competencias á Xunta de Galicia. Quedando unha escola coma a que é actualmente, de Educación Infantil con titularidade pública.
Actualmente o centro ten tres aulas para os nenos e nenas de tres, catro e cinco anos respectivamente. Ademais, conta con dous patios de recreo, ambos exteriores. No patio dianteiro os nenos e nenas poden correr libremente e xogar coas motos e camións. No patio traseiro, ademais de ter columpios os nenos e nenas están contacto coa natureza xa que poden observar en primeira persoa o paso das estacións, dende a caída das follas ata o nacemento dos froitos.
Como novidade, hai dous anos comezamos a nosa horta onde os nosos alumnos experimentaron como se plantan, coidan, e como consecuencia, nacen as leitugas, tomates, millo, cenorias, amorodos, xirasois...
Na nosa aula de TICS os nenos e nenas contan cun ordenador para cada dous onden poden xogar e aprender os manexos destes. Dende os tres anos encenden solos o ordenador e comezan a manexarse co teclado e o rato. Ademais contamos con dúas pizarras dixitais interactivas onde os nenos e as nenas realizan diversas actividades que lle permiten ver multitude de efectos visuais, resultando así un medio moi estimulante á hora de realizar actividades como seriacións, análise visual, discriminación de sons, formas, etc.
Na biblioteca dispoñemos dunha gran cantidade de libros de temas variados acordo a súa idade ademais de diverso material de consulta máis especializado. Ademais dende este ano estamos a participar no proxecto Meiga, a través do cal se levará a cabo o préstamo de libros.
As tres aulas coas que conta o centro están adaptadas ás necesidades e intereses dos nenos e nenas de tres, catro e cinco anos respectivamente. Ademais existe un aula de usos múltiples onde os nenos e nenas fan psicomotricidade valéndose das colchonetas, figuras de espuma, bancos, ou pelotas, entre outros. Nesta aula lévanse a cabo os festivais, contacontos, ou calquera outra actividade que precise dun espazo amplo coma este.
|