Skip to content

Praia de Doniños Traditional Cache

Hidden : 9/18/2018
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Outeiro dende o caché

Galego

O areal de Doniños é unha praia rectilínea que ten unha extensión de 1.700 metros de lonxitude por 41 metros de ancho. É unha praia ventosa, de area branca e con forte ondas o que a fai idónea para a práctica do surf. A praia de Doniños ten dous accesos diferenciados. Punta Penencia no sur, é a zona da praia menos masificada; ideal para a práctica do surf ou do bodyboard. Nela celébranse no mes de setembro probas do “Circuíto O’Neill”. Nesa zona, a praia está salpicada de rochas con formas que parecen esculturas. Conta con acantilados de gran beleza. En marea baixa, queda ao descuberto unha pequena cala salvaxe chamada Lumebó. É un lugar máxico de moi difícil acceso polo escarpado do terreo, pero de gran beleza, á que contribúen as rochas de formas caprichosas que parecen esculturas. É unha cala frecuentada por nudistas. Esta zona da praia conta con zona de aparcamento e chiringo.

Na parte norte do areal atópase a zona coñecida como Outeiro, que é a zona de servizos da praia. Ten un amplo aparcadoiro, chiringos e conta cunha zona de sombra xa que está pegada a un piñeiral. Posúe tamén un paseo marítimo que conta cun pequeno parque para recreo dos nenos. O que fai dela unha praia idónea para o lecer en familia.

O litoral de Doniños goza dun sistema de dunas, con especies endémicas de Galicia e no seu encontro co mar xorde a Lagoa de Doniños declarada zona húmida de interese nacional polas especies vexetais que a tapizan. A lagoa, que chega aos 9 metros de profundidade, ábrese unha vez ao ano creando unhas marismas dignas de ver. Pola súa excepcionalidade e polas numerosas aves, tanto migratorias como sedentarias que a habitan, a zona está declarada refuxio de caza e inclúese na Rede Natura 2.000 como lugar de importancia comunitaria. Trátase dun enclave natural protexido polo seu variado ecosistema. Conta a lenda que baixo as augas da lagoa existe unha cidade mergullada que foi engulida por unha onda xigante como castigo. A tradición asegura que só dous nenos se salvaron e que a eles se debe o nome do lugar.

Na zona norte da praia de Doniños, ao pasar o piñeiral, podemos tomar un desvío sinalizado que nos leva ata Lobadiz onde existen restos arqueolóxicos dun castro costeiro prerromano (castro de Lobadiz) en que se adiviñan os restos de muros e parapetos. A súa cronoloxía data do século I a.C. ao século I d. C. Nas escavacións que se realizaron atopouse diversa cerámica, tégula e restos dun “Concheiro” con lapas, mexillón e berberecho, que dan mostra do tipo de alimentación dos seus habitantes que aproveitaban os recursos naturais da zona. Existe unha pequena cala rochosa, salvaxe, ventosa e con fortes ondas, ideal para os amantes do mergullo polas súas augas claras e os restos dun naufraxio. Contémplanse unhas magníficas vistas ás illas Gabeiras que quedaron separadas da costa pola acción erosiva do mar. Aínda que desde terra, parecen unha soa illa, en realidade son dúas, formadas en dous momentos xeolóxicos distintos. Os restos arqueolóxicos atopados nelas proban que foron ocupadas polos habitantes do veciño Castro de Lobadiz.

Fonte: http://www.descubreferrol.es/index.php?option=com_froute&view=fpoi&id=1&lt=43.5029821&lg=-8.3190884&Itemid=140&route=1&lang=gl

 

Español

El arenal de Doniños es una playa rectilínea que tiene una extensión de 1.700 metros de longitud por 41 metros de ancho. Es una playa ventosa, de arena blanca y con fuerte oleaje lo que la hace idónea para la práctica del surf. La playa de Doniños tiene 2 accesos diferenciados.

Punta Penencia en el sur, es la zona de la playa menos masificada; ideal para la práctica del surf o del bodyboard. En ella se celebran, en el mes de septiembre, pruebas del “Circuito O’Neill”. En esa zona, la playa está salpicada de rocas con formas que parecen esculturas. Cuenta con acantilados de gran belleza. En marea baja, queda al descubierto una pequeña cala salvaje llamada Lumebó. Es un lugar mágico de muy difícil acceso por lo escarpado del terreno, pero de gran belleza, a la que contribuyen las rocas de formas caprichosas que parecen esculturas. Es una cala frecuentada por nudistas. Esta zona de la playa cuenta con zona de aparcamiento y chiringuito.

En la parte norte del arenal se encuentra la zona conocida como Outeiro, que es la zona de servicios de la playa. Tiene un amplio parking, chiringuito y cuenta con una zona de sombra, ya que está adosada a un pinar. Posee también un paseo marítimo que goza de un pequeño parque para recreo de los niños. Lo que hace de ella una playa idónea para el disfrute en familia.

El litoral de Doniños alberga de un sistema dunar, con especies endémicas de Galicia . En su encuentro con el mar surge la Laguna de Doniños declarada zona húmeda de interés nacional, por las especies vegetales que la tapizan. La laguna que llega a los 9 metros de profundidad se abre una vez al año creando unas marismas dignas de ver.

Por su excepcionalidad y por las numerosas aves, tanto migratorias como sedentarias que la habitan, la zona está declarada refugio de caza y se incluye en la Red Natura 2.000 como lugar de importancia comunitaria. Se trata de un enclave natural protegido por su variado ecosistema. Cuenta la leyenda que bajo las aguas de la laguna existe una ciudad sumergida que fue engullida por una ola gigante como castigo. La tradición asegura que sólo 2 niños se salvaron y que a ellos se debe el nombre del lugar.

En la zona norte de la playa de Doniños, al pasar el pinar, podemos tomar un desvío señalizado que nos lleva hasta Lobadiz donde existen restos arqueológicos de un castro costero pre-romano (castro de Lobadiz) en el que se adivinan los restos de muros y parapetos. Su cronología data del siglo I a.C. al siglo I d. C. En las excavaciones que se realizaron se encontró diversa cerámica, tégula y restos de un “Concheiro” con lapas, mejillón y berberecho, que dan muestra del tipo de alimentación de sus habitantes, que aprovechaban los recursos naturales de la zona. Existe una pequeña cala rocosa, salvaje, ventosa y con oleaje, ideal para los amantes del buceo por sus aguas claras y los restos de un naufragio. Se contemplan unas magnificas vistas a las islas Gabeiras que quedaron separadas de la costa por la acción erosiva del mar. Aunque desde tierra, parecen una sola isla, en realidad son dos, formadas en dos momentos geológicos distintos. Los restos arqueológicos encontrados en ellas prueban que fueron ocupadas por los habitantes del vecino Castro de Lobadiz.

 

English

 Doniños is linear beach which measures 1,700 metres in length and has a width of 41 metres. It is a windy beach with white sand and strong swell which makes it ideal for surfing. There are two different places to access the beach.

Punta Penencia is in the south. It is the least crowded area of the beach and is ideal for surfing or bodyboarding. An O´Neill circuit surf competition is held here in September. In this area, the beach is studded with rocks which are shaped like sculptures and there are some spectacular cliffs. At low tide, a small natural cove called Lumebó appears. It is a magical place which is difficult to reach due to the steep landscape, but its great beauty is accentuated by these rocks with capricious shapes that resemble sculptures. This cove is frequented by nudists. This area of the beach has a car park and a beach bar.

In the northern part of the beach is the area known as Outeiro which is where the beach facilities can be found. There is a large car park, a beach bar and a large pine forest provides shade. There is also a promenade with a small park and playground for children, all of which makes this an ideal family beach.

The coast at Doniños is home to a dune system with species which are native to Galicia. Where the land meets the sea, the Doniños lagoon emerges. This lagoon has been declared a wetland of national interest due to its mantle of plant species. The lagoon has a depth which ascends to 9 metres and opens once a year forming marshes which is a highly recommended sight.

Due to its uniqueness and the numerous migratory and settled birds which inhabit the area, it has been declared a wildlife refuge and is included in the Nature 2000 network as an area of regional importance. This is a natural environment which has been protected due to its varied ecosystem. Local legend has it that beneath the lagoon´s waters there is a submerged city which was swallowed up by a giant wave as punishment. This legend maintains that only two children survived and the place was named after them (“dos niños” means two children).

To the north of Doniños beach, past the pine forest, we can take a signposted turning which leads to Lobadiz. Here, the archaeological remains of a pre-Roman coastal settlement (Lobadiz settlement) are located. The remains of walls and parapets can be made out. It is dated to between the 1st century BC and the 1st century AD. During the excavation work, pottery, tiles and the remains of limpet, mussel and cockle shells were found which demonstrate the inhabitants´ diet consisted of taking advantage of the natural resources of the area. There is also a small wild rocky cove which is windy with strong swell. It is ideal for diving fanatics due to the clear waters and the remains of a shipwreck. There are magnificent views of the Gabeiras isles which were separated from the coast by the erosive action of the sea. Although from the coast, it looks like a single isle, in fact there are two, which were formed in two different geological periods. The archaeological remains found there prove that they were inhabited by the peoples of the neighbouring Lobadiz settlement.

Posta do sol desde o caché

Additional Hints (Decrypt)

Sbgb fcbvyre

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)