GC81YRE ▼
Size:  (small)
Próxima á Pena de Anamán, a mesma onde se agachaba o sonado bandoleiro Xan das Congostras, hai unha capela dedicada a Santa Ana, e un dito:
Eu hei de subir ó ceo
por unha cinta de la;
teño de levar comigo
á Señora de Anamán.
Pois preto desta capela hai unha pena cunha fendedura da que saíron sete irmás que se convertiron en virxes e residen agora naquela comarca, repartidas da seguinte maneira:
Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra na Sobreira, Ferreiros de Entrimo (este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas de Entrimo. As tres que se foron a terras portuguesas son a de Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a de Anamán que é a Santa Ana da capela que dixemos ó comezo.
Ferreiros é un lugar da parroquia de Entrimo no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.Tiña 85 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 40 eran homes e 45 mulleres.
En Ferreiros temos o Carballo da Sobreira. Á súa sombra sentáronse xeracións, e presidiu centos de festas. Mirade se é importante a Sobreira que dá nome ao sitio onde están situados as tres cousas máis importantes do lugar. A capela, coñecida como “a capilla da Virxe da Sobreira” o cruceiro que é “o cruceiro da Sobreira” e o carballo chamado “o carballo da Sobreira”. Os tres xuntos forman un conxunto espectacular.
Fonte: http://xentedeentrimo.blogspot.com
Additional Hints (Decrypt)
Decryption Key
A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M ------------------------- N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z
(letter above equals below, and vice versa)
What are Attributes?
Advertising with Us
You'll collect a digital Treasure from one of these collections when you find and log this geocache: