Skip to content

Lenda das Sete Virxes de Anamán Traditional Cache

Hidden : 01/01/2019
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Lenda das Sete Virxes de Anamán

Próxima á Pena de Anamán, a mesma onde se agachaba o sonado bandoleiro Xan das Congostras, hai unha capela dedicada a Santa Ana, e un dito:

Eu hei de subir ó ceo

por unha cinta de la;

teño de levar comigo

á Señora de Anamán.

 

Pois preto desta capela hai unha pena cunha fendedura da que saíron sete irmás que se convertiron en virxes e residen agora naquela comarca, repartidas da seguinte maneira:

Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra na Sobreira, Ferreiros de Entrimo (este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas de Entrimo. As tres que se foron a terras portuguesas son a de Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a de Anamán que é a Santa Ana da capela que dixemos ó comezo.

Ferreiros, Entrimo

Ferreiros é un lugar da parroquia de Entrimo no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.Tiña 85 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 40 eran homes e 45 mulleres.

 En Ferreiros temos o Carballo da Sobreira. Á súa sombra sentáronse xeracións, e presidiu centos de festas. Mirade se é importante a Sobreira que dá nome ao sitio onde están situados as tres cousas máis importantes do lugar. A capela, coñecida como “a capilla da Virxe da Sobreira” o cruceiro que é “o cruceiro da Sobreira” e o carballo chamado “o carballo da Sobreira”. Os tres xuntos forman un conxunto espectacular.

Fonte: http://xentedeentrimo.blogspot.com

This page was generated by Geocaching Portugal Listing Generator

Additional Hints (Decrypt)

Onfr qb gbpóa

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)