Skip to content

Petróglifo de Monte Castelo Traditional Cache

Hidden : 1/14/2019
Difficulty:
2 out of 5
Terrain:
2.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Co nome de petróglifos coñécense as representacións gravadas sobre unha rocha, maioritariamente granito. A inmensa maioría dos petróglifos galegos son da Idade do Bronce e Bronce Final.

Etimoloxía: A palabra petróglifo está formada con raíces gregas, as súas compoñentes léxicas son petros (pedra) e glyphein (tallar). Significa "gravado ou tallado sobre pedra", a técnica usada polos pobos na Prehistoria para gravar representacións abstractas ou xeométricas (espirais, coviñas, combinación de círculos concéntricos...) e naturalistas (zoomorfas como cervos e cabalos; antropomorfas asociadas á figura humana, a cabalo ou en escenas de caza ou pastoreo e de armas onde se representan puñais, espadas, alabardas...) todos cun significado simbólico difícil de interpretar pois non é suficiente recoñecen as figuras para comprender o que querían transmitir co gravado ou conxunto de gravados.

SITUACIÓN, DESCUBRIDOR DO PETRÓGLIFO E DESCRICIÓN. Información recollida da Asociación Colectivo A Rula.

Situación.
A estación rupestre de Monte Castelo atópase na área arqueolóxica de Ventosa na parroquia de
Santo Estevo de Covas, Concello de Ames. Unha zona de gran relevancia pola presenza doutros
xacementos como o castro de Ventosa e o excepcional petróglifo da Peneda Negra que posúe
o maior repertorio de gravados de toda a comarca. Este importante foco de arte rupestre ten
continuidade na outra aba do Monte, xa no termo municipal de Compostela, cos petróglifos da
Portela de Villestro.

Descubridor.
O protagonista da descuberta do Petróglifo de Monte Castelo ou Monte das Pedras (na primeira
década do século XX) foi un dos persoeiros máis relevantes da historia recente de Ames, Oscar
Lojo Batalla Sampedro (Vilouta, 1873-1963), sobriño de Castro Sampedro, o que fora presidente e
fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Apaixoado pola arqueoloxía, a súa figura será
lembrada pola súa labor política como alcalde do Concello de Ames durante o periplo republicano
(1931-1936) e polo cariño e respeto dos seus veciños, sobre todo cos da súa parroquia natal de
Tapia cos que mantivo sempre unha estreita relación. Amigos e veciños que lle dedicaron no ano
1969, só uns anos despois do seu pasamento, un busto nun pedestal que se conserva diante da
antiga escola de Tapia que el mesmo sufragara persoalmente e mandara construír.

Descrición dos gravados.
Os gravados distribúense por case toda a superficie do penedo (4,36 x 4,10 metros) que
presenta unha pronunciada inclinación dende a zona central á zona inferior orientada cara o val.
A temática dos gravados é exclusivamente xeométrica.
Os catro motivos principais, aínda que con variantes no seu deseño, gardan en xeral certa
similitude entre sí sendo o situado no sector inferior da laxe o mellor conservado. Trátase de
curiosos motivos formados polas características combinacións de círculos concéntricos aínda
que irregulares e incompletas unidas na parte inferior con diferentes formas cuadrangulares
e rectangulares de bordes redondeados, círculos simples ou dobres, lóbulos, etc... todos eles
divididos e seguindo un trazo central que parte do primeiro anel, conformando complexos
conxuntos con unha certa unidade.
Estes motivos principais presentan pequenas coviñas agrupadas no interior do primeiro círculo
e constan de entre tres e seis aneis. Todos figuran entrelazados e unidos por diferentes sucos. Na
parte periférica do panel cara o Noroeste figuran tamén outras combinacións circulares de dous
e tres círculos e varias coviñas illadas.

Colectivo A Rula Petróglifo do Monte Castelo - Youtube

Additional Hints ()

Ab zheb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)

Advertising with Us