Muiño enclavado en plena senda da levada de Casqueiros, en Pazos de Borbén.
Tamén chamado Muíño dos Cubelos. A sra. Dolores mantivo este muiño movendo gran ata o ano 1982, co correspondente pago da maquía (porción de gran ou fariña que se lle paga ao muiñeiro cada vez que se moe).

"Muiño parado non gaña maquía"