Dirección para baixar o cartucho:
Un día falando coa maga Irala xurdiu a idea de facer algún wherigo por Ourense cidade, xa que era incríbel unha capital de provincia sen un caché deste tipo. Só hai un na provincia de Ourense.
Sobre a temática suxerimos unhas cuantas: A Esmorga, procesións de semana santa, etc.
Dado o tempo que pasou disto (un par de anos), decidinme por mans a obra. Quero agradecer a Irala a idea deste caché, xa que como a vida misma hai xente que pensa e xente que traballa, e eu púxenme mans a obra. Esperando que Irala faga o Found it estarei, para poñela como colaboradora deste caché. A ruta da Esmorga percorre menos de dous Km. e as placas foron colocadas de cerámina nalgúns lugares onde transcorre a novela, polo Clube Alexandre Bóveda. Aínda que a novela non sexa apta para nenos e nenas, este caché, si.
Comeza no punto 1 da taberna da Tía Esquilacha, non esperes nada na casa do escritor.
Deixa o caché final como o encontraches, xa que está nun lugar exposto, pero escondidiño e tapadiño.
Espero que o desfrutedes como eu creándoo e lendo a novela.
O container arranca con:
- logbook
- boli
- cocheciño
- certificado FTF
- bonequiño
- dúas moedas de madeira recordo do meu GIFF evento creado.
Fontes: libro de galaxia, foto propia e foto do filme.
Ten en conta que se baixas o cartucho de wherigofoundation, a carpeta será a de descargas, entón igual tes que cambiar a que está predefinida no programa (como pasa con whereyougo) que a predefinida é wherigo, e non funcionará. Cambia en axustes e sairá a correcta.
Boa caza.
Qr aba ngbcnefr anf pbbeqranqnf, zven ab onapb oenapb ha zntaégvpb n rfpnfbf 5z