
Galego
O xacemento de Caldoval é ata agora o único baño doméstico (balneum) con palestra atopado en todo o noroeste peninsular. Uns restos romanos en gran estado de conservación que pertencen a unha Villa a mare atopada na enseada de Santa Lucía, en Punta Promontorio, Concello de Mugardos. Esta residencia rural pertenceu seguramente a unha persoa da elite galaico-romana, quizais un/unha ric@ comerciante ou alguén dedicad@ á explotación de produtos mariños como as salgaduras de peixe, moi frecuentes por toda a costa galega e mesmo na ría de Ferrol, no xacemento da enseada de Cariño.
O xacemento apareceu en terreos de Reganosa e unha parte del foi trasladado para a súa musealización ata a edificación actual. Aínda que se trata dunha reconstrución paga moito a pena a súa visita.
O caché é un pequeno recipiente con imán colocado na parte exterior do museo. Non é necesario entrar, aínda que moi recomendable.
A entrada ao museo de Caldoval é de balde. Tedes toda a información sobre horarios aquí: https://www.museocaldoval.gal/gl/

Español
El yacimiento de Caldoval es hasta ahora el único baño doméstico (balneum) con palestra encontrado en todo el noroeste peninsular. Unos restos romanos en gran estado de conservación que pertenecen a una Villa a mare encontrada en la ensenada de Santa Lucía, en Punta Promontorio, Concello de Mugardos. Esta residencia rural perteneció seguramente a una persona de la elite galaico-romana, quizás un/una ric@ comerciante o alguien dedicad@ a la explotación de productos marinos como los salazones de pescado, muy frecuentes por toda la costa galega e incluso en la ría de Ferrol, en el yacimiento de la ensenada de Cariño.
El yacimiento apareció en terrenos de Reganosa y una parte de él fue trasladado para su musealización hasta al edificación actual. Aunque se trata de una reconstrucción su visita es muy interesante.
El caché es un pequeño recipiente con imán colocado en la parte exterior del museo. No es necesario entrar, aunque muy recomendable.
La entrada al museo de Caldoval es gratuíta. Teneis toda la información sobre horarios aquí: https://www.museocaldoval.gal/gl/