
Galego
En Punta Coitelada houbo unha base militar destinada a vixilancia nocturna mediante a iluminación de grandes focos da entrada das rías de Ares e Betanzos. Consta dun camiño de garda sobre os cantís no extremo de punta Coitelada protexido por un muro baixo de cachotería onde ían situadas dúas posicións para os proxectores. A medida que avanzamos polo camiño, podemos ver a man esquerda dúas pequenas ‘caixas’ de cachotería cuberta de cemento. Era onde se conectaban os proxectores.
O caché está agochado debaixo dunha pedra e desde esa posición pódese ver a ría de Ares e Betanzos, a costa de Dexo, A Coruña, Cabo Prioriño e, nos días claros, ata as illas Sisargas. Tamén podemos ver uns solpores espectaculares.
Tamén é doado ver golfiños, como o día no que fomos agochar o caché.

Español
En Punta Coitelada hubo una base militar destinada a la vigilancia nocturna mediante la iluminación de grandes focos de la entrada de las rías de Ares y Betanzos. Consta de un camino de guarda sobre los acantilados en el extremo de punta Coitelada protegido por un muro bajo de cachotería donde iban situadas dos posiciones para los proyectores. A medida que avanzamos por el camino, podemos ver a mano izquierda dos pequeñas ‘cajas’ de cachotería cubierta de cemento. Era donde se conectaban los proyectores.
E caché está escondido debajo de una piedra y desde esa posición se puede ver la ría de Ares y Betanzos, la costa de Dexo, A Coruña, Cabo Prioriño y, en los días claros, hasta las islas Sisargas. También podemos ver unas puestas de sol espectaculares.
También es fácil ver delfines, como el día que fuimos a esconder el caché.
