Dende os anos 1990 en adiante o concello de Brión incrementóu de xeito notable a súa poboación, polo feito da súa privilexiada situación e a mellora das comunicacións por estrada. A parroquia dos Ánxeles, dentro deste fenómeno demográfico, é a que mais poboación atrae. En poucos anos pasou dos 1.621 habitantes de 1999, ós 2.093 do ano 2004, e ós 2.562 habitantes do 2007.
Antigamente a parroquia coñecíase por Santa María de Perros. A mediados do século XVI, na época de inicio da intromisión do castelán en Galicia, o arcebispo de Compostela Francisco Blanco Salcedo mandou mudar o nome para o actual.
Xa existen referencias á parroquia en documentos medievais, e sábese que a a principios do século XVII se contabilizaban 83 lumes (casas habitadas) e no censo de 1826 a poboación era xa de 730 persoas.
A igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles é de estilo barroco, construída entre 1748 e 1789 sobre os restos románicos doutra edificación anterior. Ten unha planta de cruz latina e unha única nave. Destaca o retablo principal colocado no altar, no interior da igrexa.