
Galego
Dende este punto, a uns 360 metros de altitude, podemos observar a inmensidade do Atlántico fronte a nós.
Ao norte (á nosa dereita) sitúase a aldea de Santo André de Teixido, asentada nun pequeno val en fronte do mar, coas rochosas illas Gabeiras a continuación. Santo André, pescador antes que apóstolo, chega a Teixido nunha barca que, segundo a lenda, se afunde e logo se petrifica; é o que hoxe coñecemos como pena Gabeira. O punto máis elevado que se contempla dende aquí son os impresionantes cantís de Herbeira, os máis altos da Europa continental (620 metros sobre o nivel do mar), e xusto por detrás destes pódense albiscar os cantís cariñeses do Cadro e do Limo.
Na curva da estrada que da acceso a este miradoiro podemos ver un dos amilladoiros que se conservan na actualidade (moreas de pedras que dende tempos ancestrais depositaban os romeiros no seu camiño a Santo André). Xusto dende esta curva baixa a chamada Costa Pequena, moi pronunciada e que transcorre ao longo de pouco máis dun quilómetro ata a aldea de Santo André. Cómpre ter conta de non pisar ningún animal no camiño, pois poden ser almas de xente que non fixo a romaría en vida e se ve na obriga de cumprir co camiño a Santo André reencarnado noutro ser.
Unha vez na aldea, é case obrigado comprar os chamados ‘sanandresiños’, exvotos feitos de miga de pan coidadosamente pintados de cores vivas que simbolizan a chegada de Santo André a Teixido, algún dos cales se foron perdendo co paso do tempo, á vez que se incorporaron outros.
Fonte: http://turismo.cedeira.gal/miradoiro-chao-do-monte/
Español
Desde este punto, a unos 360 metros de altitud, podemos observar la inmensidad del Atlántico frente a nosotros.
Al norte (a nuestra derecha) se sitúa la aldea de Santo André de Teixido, asentada en un pequeño valle en frente del mar, con las rocosas islas Gabeiras a continuación. Santo André, pescador antes que apóstol, llega a Teixido en una barca que, según la leyenda, se hunde y luego se petrifica; es lo que hoye conocemos como peña Gabeira. El punto más elevado que se contempla desde aquí son los impresionantes acantilados de Herbeira, los más altos de la Europa continental (620 metros sobre el nivel del mar), y justo por detrás de estos se pueden vislumbrar los acantilados cariñeses de O Cadro y de O Limo.
En la curva de la carretera que da acceso a este mirador podemos ver uno de los amilladoiros que se conservan en la actualidad (montones de piedras que desde tiempos ancestrales depositaban los romeros en su camino a Santo André). Justo desde esta curva baja la llamada Costa Pequena, muy pronunciada y que transcurre a lo largo de poco más de un kilómetro hasta la aldea de Santo André. Hay que tener cuidado de no pisar ningún animal en el camino, pues pueden ser almas de gente que no hizo la romería en vida y se ve obligado a cumplir con el camino a Santo André reencarnado en otro ser.
Una vez en la aldea, es casi obligado comprar los llamados ‘sanandresiños’, exvotos hechos de miga de pan cuidadosamente pintados de colores vivos que simbolizan la llegada de Santo André a Teixido, alguno de los cuales se fueron perdiendo con el paso del tempo, a la vez que se incorporaron otros.