Galego
O miradoiro de Teixidelo é outro fantástico punto panorámico que conforma a denominada Ruta dos Miradoiros de San Andrés de Teixido.
Na parroquia de Régoa e sobre un alto de 337 m sobre o nivel do mar levántase un cruceiro que ás veces é denominado Cruceiro do Curutelo. Aproveitando este montículo e a situación do cruceiro no máis alto habilitouse un miradoiro ao que se accede por unhas escaleiras.
Desde alí contemplaremos parte da costa da Serra da Capelada, a enseada de San Andrés de Teixido e os cantís do Monte Tarroiba.
O cruceiro de cruz latina ten unha inscrición na súa base que nos di que foi realizado polo padroado de Teixido e o ano da súa construción, o cal non chegamos a ler.
Antes de subir existe unha placa sobre unha roca dedicada ao actor Leslie Howard quen nun voo de diplomático para unha entrevista co ditador de España para pedir que o país non entrase no conflito mundial, foi derrubado polos avións da Luftwaffe alemán fronte a estas costas. Lembremos que Leslie Howard Stainer interpretou a Ashley Wilkes na famosa película "O que o vento levou" en 1939.
Na estrada teremos un aparcadoiro para poder deixar o vehículo sen problemas.
Ademais desde este lugar parte unha ruta que nos levará a unha das poucas praias de area negra non volcánica do mundo e que leva o nome de praia de Teixidelo.
Fonte: https://www.galiciamaxica.gal/2019/04/miradoiro-de-teixidelo-e-cruceiro-do.html

Castellano
El mirador de Teixidelo es otro fantástico punto panorámico que conforma la denominada Ruta de los Miradores de San Andrés de Teixido.
En la parroquia de Régoa y sobre un alto de 337 m sobre el nivel del mar se levanta un crucero que a veces es denominado Crucero do Curutelo. Aprovechando este montículo y la situación del crucero en lo más alto se habilitó un mirador al que se accede por unas escaleras.
Desde allí contemplaremos parte de la costa de la Sierra de A Capelada, la ensenada de San Andrés de Teixido y los acantilados del Monte Tarroiba.
El crucero de cruz latina tiene una inscripción en su base que nos dice que fue realizado por el padroado de Teixido y el año de su construcción, el cual no llegamos a leer.
Antes de subir existe una placa sobre una roca dedicada al actor Leslie Howard quien en un vuelo diplomático para una entrevista con el dictador de España para pedir que el país no entrase en el conflicto mundial, fue derribado por los aviones de la Luftwaffe alemana frente a estas costas. Recordemos que Leslie Howard Stainer interpretó a Ashley Wilkes en la famosa película "Lo que el viento se llevó" en 1939.
En la carretera tenemos un aparcamiento para poder dejar el vehículo sin problemas.
Además desde este lugar parte una ruta que nos llevará a una de las pocas playas de arena negra no volcánica del mundo y que lleva el nombre de playa de Teixidelo.
English (Translate)
The Teixidelo viewpoint is another fantastic panoramic point that makes up the so-called Mirador de San Andrés de Teixido Route.
In the parish of Régoa and on a height of 337 m above sea level there is a cruise that is sometimes called Crucero do Curutelo. Taking advantage of this mound and the situation of the cruise at the top, a viewpoint was enabled which is accessed by stairs.
From there we will see part of the coast of the Sierra de A Capelada, the cove of San Andrés de Teixido and the cliffs of Monte Tarroiba.
The Latin cross cruise has an inscription on its base that tells us that it was made by the Teixido census and the year of its construction, which we did not read.
Before going up there is a plaque on a rock dedicated to actor Leslie Howard, who on a diplomatic flight for an interview with the dictator of Spain to ask that the country not enter the world conflict, was shot down by the German Luftwaffe planes in front of these coasts. Recall that Leslie Howard Stainer played Ashley Wilkes in the famous movie "Gone With the Wind" in 1939.
On the road we have a parking lot to leave the vehicle without problems.
Also from this place a route that will take us to one of the few non-volcanic black sand beaches in the world and that bears the name of Teixidelo beach.