Skip to content

7. Estaleiros actuais Traditional Cache

Hidden : 9/2/2020
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Os carpinteiros cos pés mollados – 7

Na actualidade traballan no Freixo tres estaleiros: Lago Abeijón, Abeijón Hermanos e Amado.

Astilleros y Varaderos Lago Abeijón. Fúndanse en 1910 da man de Domingo González Oca, no ano 1949 obtén o permiso para a construción de barcos de madeira de ata 400 toneladas. En 1969 pasa a ser dirixido por Domingo Lago Martínez e obtén o permiso para construír tamén barcos de aceiro de ata 150 toneladas. O poliéster entra en xogo no ano 1976 e poden construír ata 300 toneladas.

Esta empresa pode ter ata uns 80 traballadores, aínda que hai épocas de menos actividades.

Ademais da construción de buques tamén ocupan moito tempo ao ano n reparación de barcos. Aos seus carros chegan barcos portugueses, alemáns, británicos, franceses e por suposto de distintos portos españois, como Huelva e Cádiz.

AS flotas galegas tamén son clientes, os palangreiros e ‘bakas’ de Ribeira e Muros e os cerqueiros de Portosín.

Astillero Abeijón Hermanos está situado a carón do anterior. A súa historia tamén se remonta a comezos do século XX. A súa actividade é semellante ao anterior pero emprega menos man de obra e se cadra traballe máis a construción en madeira ca o seu veciño.

Astilleros Amado foi creado en 1930 na enseada de Broña e agora está noutra localización. Ten o vello alboio para reparación e o novo para a construción de navíos de pesca e recreo en fibra.

A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016

Additional Hints (Decrypt)

An cnerqr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)