Os carpinteiros cos pés mollados – 11
Na ribeira do regato Pipi, atopábase a carpintería de ribeira do tamén veciño de Cerzón Lorenzo Vara Rama. Do mesmo xeito que na do Barqueiro, aquí unicamente se fixeron embarcacións pequenas. Nos vellos rexistros das diferentes autoridades de Mariña atribúenselle 5 botes e unha buceta. Só apareceu o asento dunha embarcación de certa eslora, unha gabarra, de nome “Nº 5”, que polas súas medidas probablemente se construíse noutro taller. Tiña 17,4 metros de eslora, foi botada ao mar en 1901 e fora un encargo do veciño da Coruña Ricardo Castro Cambón.
A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016