Os carpinteiros cos pés mollados – 12
Desde a enseada da Bogalleira ata esta de Broña non existiu ningún taller non carpintaría salientable. Cómpre lembrar que toda esta beira mar, incluída a praia de Broña, está moi aberta aos ventos do cuadrante sur, polo que non é un lugar axeitado para a construción naval.
Nesta enseada houbo 9 estaleiros, neles construíronse multitude de embarcacións. Os máis coñecidos son os de Nimo, Amado, Becerra e Domingos de Andrés, este último bastante ben conservado. Pero houbo máis, o do Patelo, Cacharulo, conservase parte da rampla. Tamén o do Barqueiro con restos do que foi o embarcadoiro. Moitos mestres carpinteiros traballaron neles e a primeira embarcación documentada nestes estaleiros é o paquebote San Luís, de 23 toneladas, construído no ano 1899 polo mestre Manuel Domínguez Lestón.
A carpinteria de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, Xoán F. García Suárez. Ed. Toxosoutos, 2008
Mar de Outes. Berce dos carpinteiros de ribeira galegos, Santiago Llovo Taboada. Ed. Meubook, 2016